deporte-casa-marineda
 

Que o ritmo non pare: tips para facer deporte na casa

Para algúns a rutina é clave para poder practicar deporte de forma constante, non din que o hábito se crea en 21 días?  É unha época difícil para a constancia, pero a grandes problemas, grandes solucións!

Ocorréusenos botarche un cable e que poidas levar o ximnasio á casa. Estes son os teus básicos para deixar de pospoñelo e conseguir unha rutina de exercicio.

O abecé do deporte na casa

Tes que facerte cun kit básico que che permita facer tanto forza como cardio, e estes serán os teus 7 mellores aliados:

  • un chan acolchadiño que lles fará a vida máis amena aos teus veciños, e servirache á vez de esteira 😂
  • dous pares de pesas de quilos diferentes, 1 e 3 kg está ben para empezar
  • gomas elásticas de diferentes durezas
  • unha corda
  • unha cinta de  TRX
  • un rodete de abdominais
  • unha pelota de pilates, hainas de diferentes diámetros segundo a túa altura (55cm se mides de 1.50-1.60, 65cm se mides 1.60-1.75 e 75cm se superas o 1.75)

Se te viñeches arriba e tes un orzamento máis xeneroso: unha kettlebell, unha bancada ou step e un balance ball sempre son unha boa opción. Tamén pode ser divertido atreverse cun saco de  boxeo ou unha pera de velocidade. 😉

E para os que tedes dúbidas cos pesos, é importante que os pares de pesas teñan un peso diferente para que poidas traballar todos os grupos musculares. Fai memoria e pensa cales usabas máis no gym, na casa non será diferente!

Calquera destes produtos pódelos atopar en Decathlon, Sprinter ou El Corte Inglés. Mesmo en Tiger podes atopar algún que outro recurso por un prezo alcanzable.

Un punto máis

Motivadx xa? Se cadra non estás polo labor de saír a correr algún día da semana e queres investir un chisco máis na túa saúde. Se é así, pena en facerte cunha bicicleta estática, unha cinta de correr ou unha elíptica.

As bicis e elípticas telas desde 200€, ou podes acudir a un soporte para a túa bicicleta habitual que regule a dureza. E en canto ás cintas de correr e andar, recomendámosche 100% as que se pregan que cada vez son máis lixeiras e fáciles de almacenar. Se aínda non botaches un ollo ás de Xiaomi, pásate pola MI Store.

Roupa de deporte

Se cadra agora que te vas a poñer a lume de biqueira todos os días, a roupa de deporte quédaseche curta. Si, verdade?

Pois xa coñeces o noso corredor de deporte na Planta 1, e os clásicos Decathlon e O Corte Inglés. Pero tamén podes atopar roupa de calidade en Décimas, Oysho, Mango, H&M e Women Secret.

A tecnoloxía sempre axuda

Algo que non podemos trasladar á túa casa é o ambiente de motivación do gym. Pero si que podemos darche alternativas para atopar en ti as ganas e que nada te pare.

Sabías que a Nintendo Switch ten un xogo súper completo para facer deporte? As posibilidades do Ring Fit non deixarán de sorprendente. E farás exercicio mentres vives unha aventura incrible. En Game estarán encantados de asesorarte.🎮

Por outra banda, se o que necesitas son clases guiadas podes consultar co teu ximnasio habitual se ten clases en liña, consultar en Youtube vídeos de adestradores expertos ou descargarte algunha app que dirixa o teu adestramento. Xa tes o teu móbil, Tablet ou computador listo? Se non, en Media Markt as posibilidades son infinitas. 🥰

Outro gadget que che resultará moi útil son os reloxos de adestramento ou pulsómetros. É importante controlar a frecuencia cardíaca para un bo adestramento.

Esperamos que che gustara esta lista, xa nos contarás que tal foi o teu primeiro día de  training co teu novo material!