Checklist para un xantar de Reis perfecto

Hoxe é a noite máxica, veñen os Reis! E non podemos esquecer esa maxia, pasamos un ano difícil, por iso temos que coidarnos aínda máis. É o momento de darse caprichos e de coidar os detalles, porque este ano aprendemos que son os que nos dan alegría.

Propoñémosche unha checklist de esenciais para pasar o día de Reis como ten que ser.  Guapxs e con ganas de ver o que nos trouxeron.

O look é primordial xa sexa comfy ou con brilli-brilli, tes que sentirte a gusto. Despois do ano que tivemos algúns necesitamos máis ca nunca unha escusa para arranxarnos. Entre o teletraballo e a nova normalidade, abusamos un chisquiño do chándal.

Podes botar un ollo nas nosas tendas de moda e accesorios, atoparás o look ideal para cada membro da familia.

– Se estades todos guapxs, a presentación da mesa non pode ser menos! Pásate polos nosos establecementos de decoración de fogar. Hai uns xogos monísimos para tinguir de ilusión e esperanza o broche final do Nadal. Faite cunha cristalería, vaixela, un mantel festivo, xogos de panos de mesa… o límite é a túa creatividade!

Sexas máis de Zara Home, Maisons du Monde, A Loja do Gato Preto ou de Ikea; a combinación ideal espérate en Marineda.

– Se falamos de coidar os detalles, a decoración non pode pasar inadvertida. Tradicional, minimalista, elegante… elixe o teu estilo, atoparás o que necesitas en Tiger e Party Fiesta. Trátase de encher o comedor de alegría e festexar que aprendemos o que de verdade importa, os nosos❤

– Imos dar por feito que este ano non deixaches as cousas para o último día, e imos obviar os xoguetes. Para os menos previsores, aínda podedes pasarvos hoxe polas nosas tendas de xoguetes para que os Reis saiban que recoller esta noite.😉

– Por último, e non por iso menos importante…. a paparola de Reis! Hipercor é o paraíso dos caprichos 🤤 Entre os nosos menús favoritos de carnívoros están o pato ao  confit, o mousse de foie ou o carpaccio de bacallau. Pero un bo timbal de verduras, con ou sen queixo de cabra, tamén é sempre un acerto.

Perdoámosche que non renoves a vaixela este ano, pero do que non podes esquecerche por nada do mundo, é da rosca! A ti gústache con ou sen froita escarchada? E que hai da nata?

– E unha de agasallos? 😏 Nos últimos anos o amigo invisible converteuse nunha preciosa tradición entre as familias máis atrevidas. Despois de tantos gastos e tantas sorpresas, ás veces fai falla un detalle pensado con agarimo, sen grandes investimentos. No Corte Inglés contan cunha selección de ideas para amigo invisible que non podes deixar de consultar.

Escollas o que escollas, lembra que o máis importante é que te faga un pouquiño máis feliz e que axude a celebrar a recta final deste Nadal tan atípico, e do que aprendemos tantas cousas. Grazas por estar connosco! Agardamos que as súas Maxestades se porten moi ben contigo porque merecer, non sabes canto o mereces! 🥰