Poucas veces tivemos tanta gana de despedir un ano, non si? No 2020 aprendemos moitas leccións, e mesmo xs hai que puideron sacar cousas positivas del (que si, que si, que non é todo negro). Pero a tónica xeral é unha gana terribles de dicir adeus, de pegar a volta, de pechar a porta… Aquí tes unha lista para despedir este ano ao grande! E deixamos que cada un engada o adxectivo que lle pete 😉
- Lodo – Xoel López: Deste gran tema nós quedamos con iso de que “del lodo nacen las flores más altas”, é una preciosa ensinanza para levar con nós ao 2021.
- Adiós, amigos, adiós – Andrés Calamaro: Outra gran lección para comezar o año máis sabixs é que “llegará el momento de juntos volver a empezar”. Porque ao teu carón todo é mellor!😍
- Canción de la esperanza – Ortiga: É que “no me robarán la esperanza, no me la romperán, vengan a cantarla conmigo, vengan a cantar”. Entremos nos próximos 365 días das nosas vidas con boas vibras e agardando o mellor, querer é poder!
- Times like these – Foo Fighters: Vaia se non aprendemos a vivir outra vez, botando a vista atrás, recuperamos os pequenos praceres, o que de verdade importa, e fixémonos máis fortes e máis conscientes!
- Ojalá no te hubiera conocido nunca – Muchachito: Para que mentir, sentimentaladas aparte, 2020, ogallá non te conoceramos nunca!
- Survivor – Destiny’s Child: Somos supervivintes e non nos daremos por vencidxs, traballaremos duro e seguiremos sobrevivindo, de seguro que as Destiny’s Child non terían imaxinado nunca este contexto para a súa canción! Grazas Beyoncé, unha vez máis. 🤣
- We Are Never Ever Getting Back Together – Taylor Swift: Taylor sábeo ben, nunca volveremos 2020! Na vida, dicimos aquí 🤗
- I will survive – Gloria Gaynor: Sabemos moi ben que podemos vivir sen este anazo que tivemos, así que “sal por la puerta, date la vuelta, ya no eres bienvenido”. Que gana de 2021, vai que si?
- Olvídame y pega la vuelta – Pimpinela: Que playlist de despedida que pague a pena non ten a Pimpinela? Esquece que existimos e pega a volta! Esquece o noso nome, a nosa cara, os nosos ollos, os nosos labios… 🤣🎆
En Marineda, despois desta montaña rusa con forma de ano que pasamos, quedámonos con volver a vervos e poder seguir compartindo cultura, lecer, gastronomía, moda, deporte e moita música ❤
Benvido sexas, 2021; pasa ata a cociña!