O 1 de decembro marca o pistoletazo de saída para a época máis esperada do ano: nenos e maiores contamos os días para o momento en que as ilusións se materializan. E os calendarios de advento converten a conta atrás para o Nadal nun acontecemento diario. Damos un repaso a algúns dos que podes atopar en Marineda, para regalar ou para ti. E ti, xa tes o teu?
Os de chocolate. Son os tradicionais, o que nunca fallan. O difícil é aguantarse para non abrir as puertecillas á vez! Atoparalo en Hipercor.
O de Ikea. Categoría á parte merece o calendario de advento de Ikea, que ademais vén con premio seguro. Ir compralo converteuse nunha tradición en si mesma, do mesmo xeito que facerse coa súa casiña de xenxibre.
Os de cosmética: Sephora, Rituals, Kiehl´s no Corte Inglés… Os calendarios de advento das marcas de cosmética e benestar ofrecen a oportunidade de probar os seus principais produtos en mini tallas. Un pracer para os sentidos.
Os de Tiger. Na marca danesa son especialistas en facer das pequenas cousas un obxecto de desexo. Aquí atoparás varios modelos, tanto listos para usar como DIY. Retámosche a que elixas só un!
O de Zara Home. E finalizamos esta listaxe non exhaustiva cun calendario de advento de patuquitos de feltro de la que é puro amor.
Estes e moitos máis atoparás nas nosas tendas. Feliz espera!