Black Card: xoga e gaña con nós

Este Black Friday botámosche un cable! Calzado para os pequenos, unhas zapatillas de deporte, o smartphone que desexas, o plumas para os días de frío, un sofá novo… Sabemos que estás a contar os días para que chegue o venres para facerte con esas compras que tanta falta che fan e tamén con esas polas que suspiras. Por iso, queremos agradecer a túa confianza en Marineda cunha promoción moi especial 😊.

Propuxémonos que este ano goces do día máis black como nunca regalando vales de 50 euros: como o oes! Se che interesa, toma nota: para participar en Black Card, só tes que reunir tickets de compras realizadas no centro desde hoxe mesmo por valor igual ou superior a 25€ e presentalos no punto de información. Unha vez selados, daranche un código co que poderás participar nun divertido xogo virtual, onde pescudarás ao instante se fuches premiado. A promoción estará vixente desde hoxe, 23 de novembro, ata o 3 de decembro e todos os días hai posibilidades de que che toque premio.

E, por suposto, cantos máis tickets presentes, máis posibilidades tes de gañar! Consulta as bases da promoción nesta ligazón. Sorte!