Achégase a noite máis terrorífica do ano, e en Marineda xa se nota! Se che pasaches polo centro estes días verías a Casa Encantada.
Para os que aínda non a viron, está na praza Emilia Pardo Bazán na planta 0. Instalamos esta aterradora casa para que explotes a túa creatividade creando magníficas historias no decorado. Convidámoste a pasar un intre terrorificamente divertido!
E se queres compartir a túa experiencia, faite unha foto na Casa e súbea ás túas stories de Instagram con mención a @marinedacity para que podamos vela 😉
Posta a punto
Aproveita para facer as túas compras de Halloween e que non se che bote o tempo encima. Todas as nosas tendas están listas para a ocasión, e algunhas espérante con descontos incribles.
Podes facerte cos mellores disfraces en Primark, Party Fiesta, Centro Xogo, Poly, Imaginarium ou H&M. E hai para todas as idades, porque quen dixo que Halloween fora cousa de nenos?
Para o toque final, pásate por Kiko Milano ou Sephora. A maquillaxe é igual de importante que o outfit. Vai que si?
E, nin que dicir ten, que a decoración tamén podes atopala en Tiger. Cabazas moi riquiñas, terroríficas pantasmas, arañas, bruxas e adorables morcegos. Para todos os gustos!
Ademais, as túas compras de Halloween teñen premio. Sumando 100€ ou máis podes facerte cunha tarxeta de agasallo da túa tenda favorita grazas a Cash Back, contámoscho.
Que pases un Samaín de medo!