volta ao cole marineda
 

Sete imprescindibles para afrontar a volta ao cole 2020

Xa vén setembro, non deixes a operación volta ao cole para o último día. Este ano espéranos un retorno atípico ás aulas, cheo de grandes dúbidas e incógnitas. Pero o que non cambiou é a carreira por facerse con roupa da súa talla, o material, e todas esas cousas.

Aquí tes un checklist para que non che quede nada atrás!

1. Material escolar

É o clásico dos must have. Algúns trucos que axudan a reducir o custo é comprar packs de varias unidades. Os bolígrafos, gomas e lapis gástanse rápido e sempre van sacarlle partido.

2. Mochilas (e fiambreiras)

Cada curso ten os seus heroes, as mochilas e estoxos máis buscados este ano agardan por ti en Marineda City. Vas deixar que escapen? Tamén debes pensar nunha fiambreira, e unha  bolsiña para levar a merenda do recreo, así irá máis protexida. En Tiger e Ikea hainas moi chulas!

3. Máscaras e xel

Importante! Coas novas medidas de seguridade e saúde pública os pequenos tamén teñen que protexerse. Lembra facerte cunha caixiña de máscaras de reposto. E se che apetece darlle un toque, bota unha ollada ás de Rei Zentolo, Friking ou Fimsbury que están xenial! Tamén debes facerte con botes de xel hidroalcólico individuais, para que leven na mochila, iso en Arenal ou Farmacia Castro.

4. Armario novo

Quedoulle pequena a roupa do curso pasado? Toca renovar! E aquí que podemos contarche que non saibas: roupa de rúa, chándales, zapatos e deportivas, abrigos… o completo! Consulta todas as tendas de moda en Marineda City.

5. Ópticas

É importante facer unha parada na óptica se as túas fillxs teñen problemas de vista. Comproba que todo está en orde e non necesitan unhas novas lentes. Lembra pedir cita en calquera das ópticas en Marineda.

6. Deportes

As actividades deportivas son outra parte importante da súa educación, podes facerte con material infinito en Decathlon. E non esquezas que en planta 1 tes unha sección de moda deportiva na que podes atopar todo o que necesitas.

7. Tecnoloxía e mobles

E como neste checklist non nos pode quedar nada. Tamén che lembramos que quizais teñas que cambiar a habitación, a sala de estudo ou renovar aparellos tecnolóxicos como ordenadores e tablets. Podes aproveitar a túa visita a Marineda para pasar por Ikea, Media  Markt ou O Corte Inglés.

Non deixedes de coidarte! Desde unha gabardina para enfrontar mellor o fresco das mañás, ata consentir a pel con cremas. Ou quizais chegase o momento de darte o capricho e facer ese tratamento de estética, dunha vez por todas. Inspírate na nosa sección de beleza.