Oscar 2020
 

Sete propostas para os Oscar 2020

Non queda nada para a gran festa do cine: a madrugada do domingo 9 ao luns 10 de febreiro coñeceremos aos gañadores da tan ansiada estatuiña. Se aínda non as viches, aproveita esta semana para descubrir algunhas das candidatas con máis nominacións ao Oscar. Bota unha ollada á carteleira!

  • Joker. A película de Todd Phillips lidera a lista de nominacións e parte como favorita en case todas as apostas. Un aclamado Joaquin Phoenix dá vida ao maior inimigo de Batman nun filme que retrata o illamento da enfermidade mental.
  • O irlandés. A cinta de Martin Scorsese comparte número de nominacións con 1917 e Érase unha vez en Hollywood. Cun elenco de luxo, a crónica da desaparición do lendario sindicalista Jimmy Hoffa opta a dez estatuiñas, entre as que se atopan as de mellor película, mellor director ou mellor actor secundario.
  • 1917. O cine bélico regresa ao Teatro Dolby dos Ánxeles da man do director Sam Mendes, que recrea con crueza a Primeira Guerra Mundial.
  • Érase unha vez en Hollywood. Quentin Tarantino aspira de novo a facerse co galardón na categoría de mellor director con esta parodia do Hollywood dos anos 60. Ademais, opta a facerse cos premios a mellor película, mellor director, mellor actor (Leonardo Dei Caprio) e mellor actor secundario (Brad Pitt). En total, acumula dez nominacións.
  • Mulleriñas. Este ano Greta Gerwig non logrou facerse un oco entre os candidatos a mellor director (se o fixo en 2019 coa súa opera prima Lady Bird). No entanto, a súa interpretación do clásico de Louise Mary Alcott recibiu 6 nominacións, incluíndo mellor película, actriz (Saoirse Ronan), actriz de reparto (Florence Pugh) e guión adaptado (Greta Gerwig).
  • Parásitos. Cunha unánime aclamación por parte da crítica, o filme do surcoreano Bong Joon-ho é a primeira cinta de Corea do Sur en ser nomeada a Mellor Película e Mellor Película Internacional. Esta sorprendente parábola sobre a desigualdade das clases sociais podería, ademais, levarse a estatuiña nas categorías de mellor director, mellor guión orixinal e mellor dirección de arte.
  • Historia dun matrimonio. O demoledor relato do fin do amor do director Noah Baumbach empata con Parásitos en nominacións, entre as que destacan as de Adam Driver e Scarlet Johansson como mellor actor e actriz principal. Laura Dern tamén aspira a levarse o galardón polo seu rol secundario como avogada de Nicole. As de mellor guión orixinal e banda sonora completan a lista de posibles premios de Historia dun matrimonio.