Tres días, todas as pelis que queiras por 2,90€ cada entrada. ¡Empeza a Festa do Cine! Aquí van algunhas propostas para gozar destas tres xornadas para vibrar en pantalla grande.
Joker. É a película da que todo o mundo fala. Polémica e controvertida, o filme de Todd Phillips lévanos de regreso a Gotham para relatarnos a orixe dun dos viláns máis emblemáticos de DC. Soan campás de Oscar para Joaquin Phoenix.
Mentres dure a guerra. Desde a súa estrea o pasado 27 de setembro, Mentres dure a guerra converteuse xa nunha das cintas máis vistas no noso país. O último de Amenábar retrocede á Guerra Civil Española centrándose na figura do entón reitor da Universidade de Salamanca, Miguel de Unamuno.
A familia Addams. A familia máis excéntrica da tele salta á pantalla grande coa primeira comedia de animación sobre este sorprentende e divertido clan. Un clásico reinventado para gozar en familia.
Noite de vodas. A moza Samara Weaving debe participar nunha tradición ancestral para entrar a formar parte da familia do seu adiñeirado novo esposo. O que parecía un xogo termina por converterse nunha estarrecedora loita pola supervivencia. Para os amantes de comedia negra con tinturas de gore.
O silencio da cidade branca. Os cadáveres dun mozo e unha moza de vinte anos aparecen espidos na cripta da Catedral Vella. Unai López de Ayala, un inspector experto en perfís criminais, debe cazar ao asasino ritual que leva aterrorizando á cidade desde fai dúas décadas. Adaptación a cargo de Daniel Calparsoro da novela homónima de Eva García Sáenz de Urturi.