El periodista Javier Becerra y la cantante Carolina Rubirosa
 

Venres Pop: charlas musicais para peques rockeiros


O xornalista e autor de libro “Isto é pop!” ofrecerá en Marineda City un ciclo gratuíto para achegar a historia do pop a nenos e pícaras.

Se no camiño ao cole soan máis os Ramones que “Cantajuegos”, se queres compartir cos teus sobris a túa paixón polo pop ou revivir cos teus netos os sons da túa mocidade, temos o plan perfecto para ti.

Dentro do ciclo #venrespop, o xornalista e autor do libro “Isto é pop!”, Javier Becerra, ofrecerá charlas interactivas nas que gozaremos dunha apaixonante travesía desde a Motown ata Kylie Minogue pasando por AC/DC, Michael Jackson, Madonna ou David Bowie. Estas sesións complétanse con talleres de chapas, máscaras, maquillaxe e ilustración.

E para que vaiades abrindo boca, creamos unha canle de Spotify na que poderedes escoitar algúns dos mellores temas da historia da música seleccionados por Javier Becerra. Ademais, invitámosvos a visitar as nosas stories de Instagram e participar na nosa “Batalla de Temazos” na que cada semana elixiremos o mellor de cada década.

As charlas e talleres (recomendados a partir dos 4 anos) de #venrespop terán lugar na praza Emilia Pardo Bazán, cada venres a partir das 18h. Son gratuítas e a inscrición realizarase no propio espazo da actividade desde 15 minutos antes do inicio. Bótalle unha ollada ao programa e vai reservando un oco na túa axenda!


Venres 25 outubro

18.00 horas. Taller de chapas, na que os máis pequenos da casa aprenderán a facer chapas inspiradas nos grupos de pop-rock das últimas décadas.

19.00 horas. Charla pop: os anos 60. Javier Becerra lévanos á época dourada do pop. Coa súa sesión interactiva os pequenos coñecerán os primeiros grupos da Tamla Motown. Berrarán como fans en plena beatlemanía, experimentarán nas súas carnes o terremoto de James Brown e debuxarán as cores da revolución psicodélica. A diversión está garantida nesta invitación a entrar no paraíso sesenteiro!

Venres 1 novembro

18.00 horas. Taller de máscaras e maquillaxe, no que nenos e nenas deseñarán a súa propia careta para disfrazarse dos seus ídolos musicais.

19.00 horas. Charla pop: os anos 70. Nesta ocasión Javier Becerra invítanos a unha viaxe á época na que David Bowie lle puxo maquillaxe ao rock. Tamén acudiremos a era disco das bolas de espello, Tony Manero e “Febre do sábado noite”. E vibraremos con AC/DC e a explosión do punk da man dos Sex Pistols e os Ramones. Imprescindible ter gana de bailar e de cantar: “Hey ho, let’s go”

Venres 8 novembro

18.00 horas. Taller “Fai a túa propia estrela pop”. A ilustradora do libro “Isto é pop!” Catuxa Alonso ensinará aos nenos como se fai unha auténtica pop-star. Observando as iconas da historia, guiará aos pequenos para que elaboren coa súa propia personalidade a súa estrela favorita.

19.00 horas. Charla pop: Os anos 80. Chegan aos #venrespop a década de Michael Jackson, Madonna, Bruce Springsteen e U2. Javier Becerra guiará aos máis pequenos desde a irrupción do tecno-pop con OMD, A-ha e Depeche Mode á volta ás guitarras da man de Guns n’ Roses. Unha travesía que, seguramente, tamén encantará aos pais.

Venres 15 novembro

18.00 horas. Taller “Deseña o teu logotipo musical”. Gústache máis o raio eléctrico que atravesa o logo de AC/DC ou prefires a lingua dos Rolling Stones? Es dos que levas camisetas dos Ramones e gústache a tipografia das súas letras ou prefires as dos grupos heavys? Catuxa Alonso vai ensinar aos pequenos como facer o seu propio logotipo.

19.00 horas. Charla-concerto “Isto é pop!”. Javier Becerra alíase coa cantante e guitarrista Carolina Rubirosa para repasar a historia do rock con música en directo. Desde Bill Halley ata Kylie Minogue, pasando por David Bowie, a diversión está garantida. Se os pais terminan comportándose como pícaros que ninguén se estrañe: xa pasou moitas máis veces.