Desde Marineda City sempre quixemos apoiar as manifestacións culturais da nosa contorna. É por isto que cando un grupo de novos estudantes propúxonos sumarnos a unha iniciativa para reivindicar unha maior presenza das disciplinas artísticas no ensino a nosa resposta non puido ser outra que si.
O movemento Si ás artes naceu no seo da Escola Katarsis de Educación e Teatro co fin de poñer en valor o pensamento creativo, a intelixencia emocional e as intelixencias múltiples e incorporalas ao sistema educativo. Este proxecto, ao que xa se sumaron varias escolas de arte da cidade como son a Escola Galega de Teatro musical, I. E. S. Urbano Lubrís, I. E. S. Rafael Dieste, Colexio Obradoiro, Danza.de, Danza 10, ou Arte Estudo), materializarase nun flashmob que terá lugar en Marineda City e ao que estades todos invitados. Para sumarvos a esta gran festa das artes, só teredes que aprendervos esta coreografía creada por unha alumna da escola e permanecer moi atentos ás redes sociais, xa que pronto vos desvelaremos a data elixida.
Esta iniciativa enmárcase no noso programa Marineda Solidaria, que ten como obxectivo contribuír a mellorar a nosa contorna con accións de carácter social ou cultural e que se traduciu na colaboración con numerosas entidades como a Asociación Española contra o Cancro; a Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer da Coruña (AFACO); Fundación Meniños, Fundación María José Jove, ou a Confederación Autismo España, entre outras. Actualmente estamos colaboramos co programa Impresiona da Asociación Poten100mos, que busca proporcionar a mulleres en risco de exclusión social as ferramentas necesarias para afrontar con éxito procesos de selección e reincorporarse ao mercado laboral.