Numerosas investigacións neurocientíficas avalan o poder que ten a música contra o avance do Alzheimer. E é que a música e as emocións son o último que desaparece das áreas cerebrais nas persoas que sofren esta enfermidade. Por iso, e con motivo do Día Mundial do Alzheimer, unímonos a AFACO para dar a coñecer os beneficios da musicoterapia nestes enfermos.
Hoxe e mañá, de 12 a 14 e de 16 a 22 horas, invitámosvos de descubrir a nosa gramola na planta 1, na que poderedes doar 1€ para facer soar esa canción que tanto vos emociona. Todo o recadado destinarase ás actividades de musicoterapia que realiza AFACO, cuxos voluntarios acompañarannos durante estes dous días para realizar unha labor de concienciación.
Ademais, animámosvos a compartir as vosas fotos co hashtag #QueNoNosQuitenLoBailao co fin de chegar ao maior número de persoas posible e mostrar o noso apoio ás persoas afectadas por esta doenza.