A exposición fan Marineda Máxica trae á Coruña o universo da mítica Saga

Tras un intenso verán, no que gozamos de citas inesquecibles como o concerto de Pardo, Xoel López e Iván Ferreiro en Marineda Fest, damos a benvida ao outono con Marineda Máxica, unha experiencia que inclúe unha exposición fan, talleres e actuacións de maxia e o sorteo dunha viaxe a Londres para coñecer o Warner Bros Studio Harry Potter.

Marineda Máxica, que estará no centro ata o 19 de outubro, é unha mostra de acceso libre creada por e para os fans na que poderedes descubrir máis de 100 reproducións licenciadas e outras tantas pezas únicas, pertencentes todas elas a coleccións privadas de fans da saga do mago máis famoso do mundo. Horrocruxes, pezas de Quiddithc ou a maleta de Newt Scamander son algúns dos icónicos elementos que se expoñerán na Praza Emilia Pardo Bazán (planta 0). Un photocall de “O Prisioneiro de Azkaban” e outro do Anden 9 ¾ completan esta experiencia non apta para muggles.

Gaña unha viaxe a Londres

Ademais, terás a oportunidade de gañar unha viaxe a Londres para visitar o Warner Bros Studio Harry Potter! Para optar ao premio, terás que presentar tickets de compras por valor de 30€ ou superior realizadas nos establecementos do centro entre o 16 de setembro e o 19 de outubro. Por cada ticket, recibirás un “rasca e gana” co que poderás conseguir fantásticos premios e participar no sorteo. E se os tickets presentados son dalgún dos seguintes establecementos – Chicco, Pablosky, lmaginarium, Centro Xogo, Gocco, Mayoral, Deichmann, Vogue L-V, Librería Santos Ochoa, Party Fiesta e Xoguetería Poly– recibirás un agasallo seguro (consulta aquí as bases).

A escola máis máxica de todos os tempos
Pero a maxia do outono en Marineda non acaba aquí. Cada venres, desde o 20 de setembro ao 11 de outubro, os máis pequenos poderán asistir á escola máis máxica de todos os tempos, un espazo onde gozarán con actuacións e talleres (recomendados para nenos a partir de 10 anos) nos que aprenderán os segredos mellor gardados dos ilusionistas.

As actividades da Escola Máxica son de acceso libre, ainda que para os talleres de maxia é necesario inscribirse previamente desde 15 minutos antes do comezo no propio espazo da actividade. As prazas adxudicaranse por orde de chegada.

Un outono solidario

A solidariedade tamén estará presente este outono: os días 20 e 21 de setembro sumámonos ao Día Mundial do Alzheimer cunha acción na que recadaremos fondos para a investigación contra esta enfermidade.
Ata o 5 de outubro o centro acolle a exposición “Taigeto, soños e normalidad”, unha mostra que se enmarca nas actividades do Festival DiversidArte de artes inclusivas, organizado pola Asociación Poten100mos, dedicada á inclusión sociolaboral de persoas en situación de vulnerabilidade física, psíquica ou social. Trátase dun proxecto colectivo no que participaron nove entidades e que busca transmitir mensaxes de normalización que contribúan a eliminar estereotipos.

Como vimos facendo desde fai anos, e no marco da nosa colaboración co R.C. Deportivo, facilitamos invitacións para os partidos que se xoguen en casa ás entidades de acción social que o soliciten. E tamén, como cada tempada, sorteamos entradas dobres e accesos ao Palco VIP de Riazor entre todos os que realicedes compras no centro.

Moi pronto vos darémosvos máis información sobre todas estas actividades. Se non queres perder detalle do que sucede en Marineda City, recomendámosche descargar a nosa app móbil (dispoñible para iOS e Android) na que atoparás unha axenda permanente actualizada, promocións e premios exclusivos.