Elevado polos aztecas á categoría de “alimento de deuses”, ao chocolate atribúenselle propiedades antioxidantes, cardio protectoras e ata afrodisíacas! Hoxe, 13 de setembro, celébrase o día deste manxar en honor a Roald Dahl, autor de “Charlie e a fábrica de chocolate”. Para celebralo como merece, propoñémosche sete deliciosos bocados que podes gozar nos nosos establecementos de restauración. Anímaste?
Gofres
Foi en 1798 cando Thomas Jefferson introduciu nos Estados Unidos a plancha cuadriculada que dá forma a este doce. Con todo, foi Maurice Vermersch quen popularizou o costume de acompañalos de chocolate e nata na Exposición Universal de 1960 en Bruxelas.
Onde gozalos? Gofre & Rolls (planta 2)
Donuts
Donut, rosquilla, berlina… Son moitos os nomes que recibe este delicioso pan doce que, segundo a sabedoría popular, foi inventado polo mariñeiro Hanson Gregory ao furar a masa cun saleiro para que se fritise mellor. Poden saborearse cubertos de chocolate e cos máis variados toppings.
Onde gozalos? Loops & Coffee (planta 1)
Muffin
Xa nos receitarios do século XVIII existen referencias a este pasteliño cuxo nome deriva da palabra francesa moofin, un pan suave e pequeno que se adoitaba acompañar de chocolate e froitas. En Inglaterra sérvense quentes e tómanse co té.
Onde gozalos? En Caffé Vecchio (planta 2) e Starbucks (planta 2)
Chocolate con churros
Un clásico da gastronomía española: xa sexa para o almorzo ou a hora da merenda, o chocolate con churros é perfecto para as mañás ou tardes dos meses máis fríos.
Onde gozalo? A Churrería (Praza exterior)
Profiteroles
Esta bóla rechea de chocolate é orixinaria de Francia, onde é coñecida como profiterole ou petisús (petit chou, que se significa col pequena, pola súa forma redondeada). Dise que foi o chef da italiana Catalina de Médici quen introduciu no país galo a pasta choux, coa que se elabora este irresistible doce tras contraer matrimonio co monarca Enrique II de Francia.
Onde gozalos? Muerde la pasta (planta 2)
Tortiñas
Ideadas no medievo para axudar a soportar o xaxún obrigado pola igrexa durante a Coresma, trátase dun dos almorzos máis típicos da gastronomía anglosaxona. Tal é a súa popularidade que nalgúns países como Gran Bretaña, Australia, Irlanda ou Estados Unidos celébrase o Día do Pancake, coincidindo co último día do Entroido. Sérvense típicamente con chocolate e nata, aínda que tamén se poden acompañar de froitas e siropes.
Onde gozalas? Vips (planta 2)
Coulant (ou Morte por chocolate)
Biscoito que, ao abrir, deixa fluír unha deliciosa lava de chocolate quente. Creado nos anos 80 polo chef francés Michael Brass, hoxe en día é un das sobremesas máis internacionais da historia. E é que, nunca é demasiado chocolate!
Onde gozalo? A Tagliatella (planta 2)
Esperámoste en Marineda City para celebrar o Día do Chocolate! Lembra que podes descargar a nosa app móbil, dispoñible para iOS e Android, e atopar fácilmente todos os nosos establecementos grazas á súa función de xeolocalización e ao tanto de todas as ofertas e promocións.