mahalo poké
 

Os platos hawaianos de Mahalo Poké chegan a Marineda City

Se non coñeces o poké, xa estás tardando! É a nova tendencia en comida rápida e saudable que acaba de chegar a Marineda City da man de Mahalo Poké (planta 2).

Orixinario da gastronomía hawaiana, o poké é un conco (bowl) cunha base de arroz, peixe cru marinado, toppings, salsas e complementos. E pode ser doce ou salgado! Mahalo Poké dispón dunha ampla oferta, aínda que tamén podes deseñalos ao teu gusto facendo diferentes combinacións. Salmón, tofu, teriyaki, sésamo, ceviche, edamame, aguacate, granada, copos de chilli, ceboliño… son algúns dos ingredientes que pode levar o teu poké.

Comer san e levar un estilo de vida saudable é a filosofía de Mahalo Poké, que ofrece unha alternativa á comida rápida ao uso con produtos 100% frescos e saudables.

Este novo restaurante vén reforzar a nosa oferta gastronómica, que conta xa con máis dunha treintena de establecementos, como A Piadina Riminese, Lola Organic, Vips, etc.

Ven á planta 2 e sube á ola healthy!