Maisons du Monde: 20 anos creando universos inspiradores

Maisons du Monde acaba de inaugurar un novo establecemento en Marineda City, o primeiro da cadea francesa na Coruña. Nela, descubriredes todo un universo de decoración: iluminación, téxtiles, mobles… e ata unha área para os máis pequenos da casa.

Tanto se buscades unha idea de regalo, o accesorio perfecto para o voso fogar, ou espazo e orde, en Maisons du Monde acharedes a solución. A nova tenda, situada na praza exterior, entre Merkal e Mediamarkt, conta cunha zona chamada “the Decor Workshop” no que se presentan as diferentes marcas e estilos, cores materiais, mostras de madeira… e no que poderedes deseñar o voso propio proxecto de decoración coa axuda dos profesionais da firma.

As últimas tendencias 
Desde os seus inicios, Maisons du Monde centrouse en descifrar as últimas tendencias, adaptándose aos cambios no estilo de vida e mesturando estilos para crear coleccións únicas e constantemente actualizadas. E é que a ensina francesa leva máis de 20 anos creando universos inspiradores e orixinais para cada fogar e estilo, reflectindo a personalidade, as emocións e os gustos dos seus clientes.

Anímaste a coñecela?