Descubre o servizo de xeolocalización da nosa app 

Hoxe querémosvos falar dunha funcionalidade da nosa app móbil que estamos seguros vaivos resultar de moitísima utilidade: trátase do servizo de xeolocalización, grazas ao cal poderás atopar rapidamente calquera establecemento de entre as nosas máis de 200 tendas e locais de lecer e restauración. De igual forma, permitirache atopar o punto exacto no que se celebra calquera dos eventos da nosa axenda e ata gardar a situación do teu coche no aparcamento para non perder tempo buscándoo cando acabes as túas compras ou a túa xornada de lecer.

Parece útil, verdade? Pois para utilizar este novo servizo, co que queremos facer a túa visita a Marineda City o máis cómoda posible, o primeiro é descargar a nosa app: podes facelo na app store se tes un iPhone ou en Google Play se o teu terminal é Android.

Unha vez a teñas instalada no teu teléfono, poderás facer un perfil para que a información que che mostremos se adapte aos teus gustos e necesidades. Tamén podes continuar como invitado, sen necesidade de cubrir ningún formulario.

Atopa a túa tenda ou evento

  • Preme nos tres puntos da parte superior esquerda para abrir o menú.
  • Se o que queres é dirixirte a unha tenda, fai clic en establecementos, atopa o que che interese e accede ao mapa: a aplicación guiarache ata o lugar elixido desde a túa posición ou desde calquera outro punto do centro que elixas.
  • Se o que desexas é saber onde se celebra un evento, vai á axenda (podes chegar desde o menú ou desde o acceso directo na parte inferior da pantalla de inicio), selecciona a actividade á que queres asistir e, de novo, pulsa no mapa para que a nosa app che amose o camiño. Ten en conta que para facer uso desta función debes ter o bluetooth activado.

Localiza o teu coche
Tamén desde o menú podes atopar a función para chegar facilmente ata o teu coche no aparcamento: unha vez aparques, fai clic en “Localiza o meu coche” e despois en “Gardar posición”. Tras finalizar a túa estancia en Marineda City, volve abrila e a aplicación levarate ao lugar que gardaras previamente.