Featured Video Play Icon
 

Sumámonos ao Día Mundial do Autismo

Este 2 de abril celébrase o Día Mundial do Autismo, unha xornada dedicada a poñer de relevo a necesidade de contribuír á mellora da calidade de vida das persoas con este trastorno, para que poidan levar unha vida plena e gratificante como parte integrante da sociedade.

Baixo o lema “unha dinámica nova para o autismo”, desde a Confederación Autismo España convídanos a nos sumar a esta campaña e facer un xesto que promova unha mirada diferente, positiva e respectuosa coa diversidade.

Queres saber como podes poñer o teu gran de area? Forma un infinito, fai un vídeo ou unha foto e explica que fas ti (ou que farás a partir de agora) para conseguir un futuro máis inclusivo.

Desde Marineda City queremos sumarnos a esta campaña e por iso, mañá, 2 de abril, compartiremos o infinito nas nosa redes sociais para dar visibilidade a esta acción. Pero, ademais, buscaremos adecuar o centro ás necesidades das persoas con Trastorno do Espectro Autista, que poden sentirse molestas cando hai moito ruído, as luces son moi intensas ou hai olores moi fortes. Así, quitaremos música dos corredores e eliminaremos os olores nestes espazos.

A campaña tamén se trasladará aos nosos canais sociais, que terán textos moi claros e directos en cor negra, e desde os que se impulsarán os hashtags #TEAfriendly e #DiaMundialdoAutismo. Desta forma, unirémonos á campaña solidaria promovida por Autismo Europa en todos os países de Europa.