A música, a maxia e os contos serán este mes de novembro os protagonistas das tardes dos venres en Marineda City. E é que o noso ciclo Fun & Friday achegará os mellores espectáculos infantís para pasar as tardes máis divertidas en familia.
A programación comeza este venres, 2 de novembro, con “No país do vento”, un espectáculo musical de Charo Pita & Trotaventos no que nada queda quedo. O 9 de novembro será a quenda de O Mago Teto, un habitual da escena galega que, malia a súa mocidade, goza de gran popularidade e recoñecemento. “En boca pechada non entran contos” é o título do divertido teatro de contos de O Titiribaile que nos acompañará a tarde do día 16. O 23 de novembro gozaremos cos contos para educar a intelixencia emocional de Raquel Queizás e, para terminar un mes cheo de bos momentos, contaremos con Soledada Felloza, que fará maxia dos contos e contos da maxia.
Programación novembro
- 2 de novembro
Charo Pita & Trotaventos · Trotaventos “Non país do vento” 19h
- 9 de novembro
O Mago Teto “As Novas Tolemaxias” 19h
- 16 de novembro
O Titiribaile “En boca pechada non entran contos” 19h
- 23 de novembro
Raquel Queizás “Ven a conto” 19h
- 30 de novembro
Soidade Felloza “Axouxeres de Nadal” 18h