Goiko Grill: as hamburguesas máis divertidas chegan a Marineda City

Hai unhas semanas dabámoslle a benvida en Marineda City a Goiko Grill, unha das cadeas de restauración máis esperadas na cidade.

No novo local, situado na planta 2, poderedes probar as especialidades deste restaurante que fai da calidade, a eficiencia e o bo ambiente a súa bandeira.

A Kevin Bacon, a Bomba Sexy, a Camburger, la Chiliraptor la Baby Yankee ou A Riquiña -unha hamburguesa especial que só poderás degustar en Marineda City- son algunhas das especialidades do establecemento, no que tamén dispoñen de hamburgesas veganas, bowls menú do día.. Os pequenos e pequenas da casa tamén teñen un lugar especial en Goiko Grill, con pratos especiais para eles, e tronas e cambiadores.

Pan artesán, dourado e quente, ingredientes creativos, vexetais frescos e patacas rústicas e caseiras son os segredos do éxito desta ensina, que naceu na rúa María de Molina de Madrid como o soño de Andoni, un mozo médico residente do Hospital da Paz que cambiou a bata para enfundarse o delantal.

Con esta nova apertura, Marineda City reforza a súa oferta de restauración, á que últimamente se teñen sumado Pomodoro, Gofre & Rolls, e que conta con marcas exclusivas como RodillaKFCStarbucks, A PiadinaTaco Bell ou The Good Burger.