Súmate ao reto #MdeMuller

Esta semana, Marineda escríbese con #MdeMujer, un programa repleto de actividades e, que, entre outras cousas, busca dar a visibilidade que non sempre teñen as mulleres. Por iso, do 2 ao 16 de xullo, propoñémosvos un reto: encher as redes sociais cos nomes e historias das mulleres, coñecidas ou anónimas, ás que admiramos: científicas, escritoras, deportistas, heroínas con ou sen capa... Ademais, con iso, contribuiremos a apoiar o labor da Asociación Española contra o Cancro.

Do 2 ao 6 de xullo, por cada tuit ou comentario no que nos digades cal é a muller á que máis admirades doaremos 1€ á AECC. Podedes participar a través de Twitter, utilizando o hashtag #MdeMuller ou pinchando neste enlace.

A semana con #MdeMujer culminará o xoves 5 de xullo co concerto dunha das voces femininas máis queridas do noso país, Rosario Flores. Ademais, durante toda a xornada, os voluntarios da Asociación Española contra o Cancro repartirán pulseras solidarias #MdeMuller a cambio de donativos. ¡Non quedes sen a túa!