Un festival de food trucks, a exposición A Saga das Galaxias, un parque multiaventura con percorridos aéreos e rocódromo e un ciclo de espectáculos gratuítos para toda a familia serán algunhas das actividades da nosa programación de verán, que comeza o xoves 5 de xullo co concerto de Rosario Flores.
Será unha gran noite na que a intérprete de “Mi gato” ou “Que bonito” despregará sobre o escenario toda a forza e a enerxía que a caracteriza. Ademais, ata o sábado 7 de xullo a praza exterior de Marineda acollerá o Marineda Fest, un festival de food trucks no que poderemos gozar das propostas culinarias de Hermes Journey, Comecamiños, KM Fuego, Arepa Olé, Crep Cabaret e Toloache. Tamén haberá música en directo, djs, actividades para os máis peques da casa e un showcooking co chef Juan Crujeiras.
A mellor exposición de Star Wars
Recoñecida nunha votación publica como a mellor exposición de Star Wars, o 19 de xullo chega a Marineda A Saga de las Galaxias, unha mostra con máis de 500 pezas exclusivas da saga intergaláctica, entre as que se atopan 50 esculturas, 120 figuras articuladas, 30 pezas a escala real e unha recreación do corredor da Estrela da Morte. Trátase dunha experiencia intensa e espectacular que reúne pezas de coleccionista de carácter oficial e na maioría dos casos de edicións limitadísimas. Os usuarios de nosa Marineda City Card poderedes beneficiarvos dun 20% de desconto nas entradas, así como aqueles que presentedes na billeteira tickets de compra de calquera establecemento do centro por valor igual ou superior a 20€.
Parque multiaventura
Entre o 13 de xullo e o 18 de agosto, Extreme Adventure, un parque multiaventura para divertirse en familia cun percorrido aéreo que inclúe plataformas oscilantes, tirolinas, un rocódromo e as wipe balls, unhas divertidas bólas xigantes que teredes que sortear para lograr o voso obxectivo. Do 13 de xullo ao 18 de agosto, presentando a APP (Android/ iOS) en calquera dos nosos puntos de información, levas unha entrada gratis e, se mostras nosa Marineda City Card, dámosche un 2×1 (ata esgotar existencias).
Música, teatro e maxia para as tardes dos venres
Durante os meses de verán continúa Fun & Friday, o noso ciclo de espectáculos culturais gratuitos para toda a familia. Cada venres será un día especial para gozar da música, o teatro, a maxia, os títeres ou a narración oral. Entre xullo e setembro, pasarán polo noso escenario da planta 2 grupos e artistas como A Gramola Gominola, Títeres Trompicallo, Paco Nogueiras, Dinamo Teatro ou o Mago Román.
Road Show
Pero a diversión non só estará en Marineda: este ano volvemos percorrer as rúas e localidades de Galicia co noso road show, que este verán visitará as festas gastronómicas e populares máis famosas da nosa comunidade, cunha chea de premios e sorpresas.
Toda a programación, na web e a app de Marineda City
Recorda que podes seguir toda nosa programación a través de nosa web e na nosa app móbil (Android/ iOS) coa que ademais terás acceso a agasallos exclusivos e estarás ao tanto de todas as promocións das nosas tendas. Tamén podes seguirnos nas redes sociais para non perder detalle e participar en sorteos e máis sorpresas, ou subscribirte á nosa newsletter.