Desde o pasado mes de marzo, na Pop UP de Marineda City está El Desván de Aran, unha firma de moda e complementos na que atoparedes diferentes liñas para todo tipo de muller. O estilo romántico e boho chic son os sinais de identidade desta marca, aínda que tamén dispoñen de pezas máis clásicas, pero sempre cun toque de modernidad e sen renunciar á tendencia. Tamén teñen todo tipo de complementos como bisutería, fulares, panos, chapeus e bolsos de cestería feitos a man.
Os lunares, a tendencia da tempada
Cóntanos a súa responsable, Patricia Canalís, que os lunares van arrasar este verán e por iso contan cunha liña completa de pantalóns, blusas e vestidos con este estampado. En canto aos tecidos, apostan polo lino e os sempiternos jeans, que se adaptan a todas as tendencias: desflocados, de campá, pitillo…
A marca, que comezou a súa andadura hai catro anos en Madrid, onde conta con dúas tendas, busca agora implantarse na Coruña desde a Pop Up de Marineda: “A idea é darnos coñecer e lanzar a marca antes de abrir unha tenda definitiva”, explícanos Patricia, xornalista cun posgrao en moda e coolhunting, que comparte este proxecto coa súa socia e fundadora de El Desván, Arancha Martínez Juárez.
Aínda non viñeches coñecela?