Do 24 ao 28 de outubro, celebramos unha gran festa do deporte e a solidariedade na que recollemos material deportivo para Rede Deporte, unha ONG que axuda a cumprir os soños e aspiracións dos nenos e mozos con menos oportunidades a través do deporte.
Para este proxecto, contamos coa colaboración do Depor, o CRAT A Coruña, o Obradoiro e o Básquet Coruña, que quixeron sumarse a esta iniciativa solidaria doando material no stand de Rede Deporte na zona de moda e deporte de Marineda City.
O mércores 25 de outubro visitáronnos Nemanja Radovic e Alberto Corbacho en representación do Obradoiro CAB. Unha hora despois, chegaba a Marineda City, cargados con camisetas e bufandas, o primeiro equipo do Básquet Coruña, que tampouco quixo perderse a ocasión de colaborar con Rede Deporte. O xoves 26 de outubro, o protagonista foi o CRAT, coa visita da internacional Eleonora Ricci; Laura Delgado, unha das xogadoras seleccionadas para representar ao equipo coruñés no pasado mundial de Irlanda; e os xogadores Emmanuel Avaca e Mariano Filomeno. Xa o venres 27 contamos coa presenza dos xogadores do Depor Fabián Schär e Celso Borges, que se achegaron a traer a donación do club blanquiazul.
Todas estas achegas sumáronse ás dos cidadáns anónimos que tamén quixeron aportar o seu gran de area á causa de Rede Deporte. A todos: moitas grazas!
Autógrafos e rifa solidaria
Os deportistas aproveitaron a súa visita a Marineda City para estar cos seus fans, asinando autógrafos e fotografándose con eles. Ademais, moitos deles quixeron colaborar coa rifa solidaria que organizou Rede Deporte, na que se sortearon balóns e camisetas asinadas polo Depor, a selección española, Ronaldo, Messi ou Antoine Griezmann.
Transformar a sociedade a través do deporte
Con presenza en máis de 20 países do mundo, Rede Deporte basea a súa actividade na capacidade transformadora do deporte. Así, a través deste, buscan elevar as taxas de participación e motivación dos mozos en programas de educación, saúde ou empregabilidade. O material recollido en Marineda City utilizarase para varios dos proxectos en marcha da ONG, como o programa de apoio á poboación refuxiada a través do fútbol; Team Up, que busca mellorar as condicións de inserción socio laboral de persoas en situación de vulnerabilidade, ou a iniciativa deporte para todos, que pretende inculcar a práctica deportiva saudable e regular en público de todas as idades.
Miles de premios, Food Fit Corner e photocall deportivo
Un espazo de comida saudable, no que os visitantes puideron degustar os zumes naturais de Drink 6 e Litros e Quilos, as algas ecolóxicas de Portomuiños, sementes de chía con yogur líquido de SOS Vidasania e a auga refrescante de coco de Vita Coco; clases de zumba para nenos e adultos, un photocall deportivo no que repartimos miles de premios e o sorteo de tarxetas regalo completaron esta gran festa do deporte que foi Go Marineda.