Cústache deixar atrás o verán? Non sabes por onde empezar coa volta ao cole? Pois non te preocupes, sabemos que non é fácil, así que realizamos unha lista para que non quede nada pendente.
- A roupa: o primeiro é o primeiro. Se no cole usan uniforme, o tes en El Corte Inglés e se utilizan roupa de rúa, tamén podes conseguir pezas cómodas nas nosas tendas de moda con sección infantil e de nenos (Zara, Lefties, Primark, H&M, C&A, Hipercor, Mayoral, Gocco…).
- Para facer deporte. Atoparás chándales e deportivas confortables e divertidas nos nosos establecementos centrados no deporte. E lembrade que algúns deles contan con promocións que vos poden facer a costa de setembro máis doada, por exemplo, Décimas ou Sprinter.
- Comodidade nos seus pés. Os zapatos son fundamentais na volta ao cole. Os nenos necesitan comodidade nos seus pés, así que visita nosas zapaterías (Clarks, Geox, Deichmann…) e elixe os que máis se adaptan ás súas necesidades. E non te esquezas das medias e os calcetíns.
- Libros e cadernos! Libros, mochilas, cadernos, estoxos, forros, cadernos, lapis e ata marcadores para ter ben identificada a súa roupa. Todos son complementos que lles farán a volta ao cole máis fácil.
- Para a merenda. Tamén temos fiambreras e bolsiñas para levar a merenda ou a roupa de recambio cos seus personaxes favoritos (Imaginarium, Tiger...).
- Os dentes, ben limpos. Os que quedan no comedor do cole necesitarán cepillos de dentes, pasta e un estoxo para levalos. Búscaos en Arenal ou Farmacia Castro.
- Financiamento. Si, son moitas as cousas que fan falta para superar a volta ao cole, por iso, en El Corte Inglés de Marineda City ofrécenche a posibilidade de pedir unha conta aberta.
- E a recomendación final: unha boa dose de paciencia, amor e humor para que os máis peques e tamén os maiores empecemos o novo curso con bo pé.