Preparados ou non: o outono achégase

Foto: catálogo de H&M

Si, sabémolo, aínda queda verán por diante, pero non nos resistimos a botar unha ollada aos escaparates e descubrir as tendencias para a próxima tempada. Acompáñasnos? Esta é nosa playlist para o outono inverno 2017!
Blue velvet. Azul, granate, verde, mostaza… ou da cor que prefiras, o veludo será un dos teus mellores aliados esta tempada.
In the army now. Bombers, chaquetas con chorreras, parcas e botíns estilo army continuarán sendo imprescindibles no noso armario.
Veleno na pel. As pezas con pelo levan xa un tempo reclamando o seu sitio: levaralo no calzado, abrigos de pel sintética e estolas hiperquentiñas que che darán o toque perfecto de glamour.
Bohemian Rapsody. Nomad, a última editorial de Zara, devólvenos os looks máis bohemios e étnicos con pezas caprichosas e cheas de detalles en veludos e sedas.
Run, Baby, Run. O look ahtleisure segue pisando forte: as sneakers convértense no complemento perfecto para calquer estilismo e os deseñadores e estrelas alíanse con marcas deportivas para crear as zapatillas máis elegantes.
Ese lunar que tes… Veralo en blusas, vestidos, blazers e pantalóns: lévaos sós ou combinados cuns vaqueiros: aposta segura!
O verde rebelde volve. Aínda que o greenery, unha sorte de verde foi elixido cor do ano por Pantone en 2017, cara ao outono impóñense o verde bosque ou a verde oliva.