Desde mediados de maio, a emblemática marca brasileira Havaianas instalouse en Marineda City cun stand no que vos podedes facer coas emblemáticas flip flop que se converteron en todo un símbolo de Brasil.
Situado na planta 1, fronte á zona de ascensores, nel poderedes atopar diferentes modelos de sandalias e alpargatas, que demostra que a comodidade non está rifada co deseño. E é que hai un modelo de Havaianas perfecto para cada ocasión e combinan á perfección con multitude de outfits, desde os de praia aos máis urbanos.
A comodidade, o seu signo de identidade
Ademais dos seus orixinais e coloridos deseños, a comodidade é outra dos signos de identidade da firma brasileira: as havaianas naceron en 1962 e o seu primeiro modelo inspirouse nas Zori, unhas sandalias tradicionais xaponesas con solas de fibras de arroz. Na actualidade, a súa sola de goma ten unha textura que recorda aos grans de arroz, un dos moitos detalles que as converten nunhas sandalias inconfundibles.
Ademais de chanclas, no stand de Marineda City atoparedes tamén as xa clásicas alpargatas de Havaianas, que combinan a modernidad de sola de goma co deseño tradicional deste calzado de tea típico das costas mediterráneas. Tanto nos días de máis calor do verán, como no outono ou primavera cando os teus pés reclaman un calzado fresco e cómodo, son perfectas para levar con pantalóns ou saias.