Felicidade no traballo, si, grazas!

Patrocinamos a charla de Elsa Punset no VIII Congreso Internacional de Felicidade no Traballo

Esta semana A Coruña acolle a oitava edición do Congreso Internacional de Felicidade no Traballo, un evento que ten como obxectivo divulgar as mellores prácticas empresariais en materia de xestión de persoas e dar a coñecer experiencias inspiradoras no ámbito do desenvolvemento humano.

En Marineda City non quixemos perder esta cita e participamos como patrocinadores da charla dunha das caras máis coñecidas desta edición, a filósofa e escritora Elsa Punset. Coñecida polas súas colaboracións en televisión, é autora de libros como “Compás para Navegantes Emocionais”, “Inocencia Radical”, “Unha mochila no universo” ou “O mundo nas túas mans”. En marzo de 2016 publicou “O libro das pequenas revolucións”, que vai xa pola súa sétima edición con máis de 100.000 lectores.

Ademais, queremos dar a dous de vós a oportunidade de asistir gratis a este encontro, polo que estamos sorteando dúas entradas no noso Instagram (bases no enlace).

Psicólogos, coaches, expertos en liderado, responsables de saúde e benestar laboral, CEOS de empresas como Krack ou o director de Kaospilot, escola recoñecida polo seu innovador deseño educativo son algúns dos ponentes que participarán nesta cita, que terá lugar na sede da Fundación Barrié de la Maza os días 8 e 9 de xuño.