Reflicte a moda, o lecer e a restauración, o fogar e o deporte a través de retratos con moita personalidade e actitude.
Unha moza amante das tendencias pero que tamén busca aquilo que a fai diferente, que a fai #serúnica; unha parella que acaba de independizarse e busca os seus primeiros mobles para decorar o seu #fogardulcefogar; un mozo que busca en Marineda un lugar onde gozar dunha comida con #moitogusto; unha muller deportista, loitadora e con #pasióndesmedida; e unhas nenas que se divirten e gozan do lecer e actividades que lles ofrece o centro. Estes son os protagonistas da nosa nova campaña publicitaria, que desde hoxe podedes ver nas rúas da cidade.
Inspirada nos valores que representan os nosos visitantes, a campaña reflicte os cinco sectores con maior presenza no centro comercial: a moda, o lecer, a restauración, o fogar e o deporte, lígados a cinco valores de marca, inspiración, lifestyle, vitalidade, ilusión e paixón, a través de retratos con moita personalidade e actitude.
Deseñada pola axencia de publicidade Imaxe, conta coa produción fotográfica do estudio de Jacobo Gayo, xerente da produtora fotográfica de moda e publicidade GF Studio e nomeado aos premios Goya de fotografía en publicidade en 2007, 2011 e 2013. Pola súa banda, o estilismo corre a cargo de Mónica Alvaredo, visual merchandiser e estilista de moda, acompañada da maquilladora profesional Nuria Riobo.
Para representar os valores que caracterizan ao público de Marineda City, contamos cun elenco de modelos orixe galega e de diferentes idades. Os protagonistas da campaña son:
Laura Martínez Fernández, de 29 anos e procedente de Vigo, representa a todas aquelas persoas amantes das tendencias. É a imaxe do mundo da moda, a beleza e os complementos.
Ana Fernández Argüeso (23) e David Giz Cillero (22), de Pontevedra e Viveiro (Lugo) respectivamente, simbolizan, dentro desta campaña, a uns mozos recén independizados que gozan do pracer de estar en casa.
Ariadna Arroyo Carro, da Coruña, xunto con Saray Crespo Magariños, de Brión (A Coruña), son a diversión personificada e recordan a importancia de gozar cada segundo. Cos seus 3 e 4 anos, respectivamente, representan o sector Lecer e cada unha das actividades de entretemento que ofrece o centro.
Silvia Castro Rodríguez (44), nacida en Francia, onde residiu ata os 2 anos e con pais galegos, é a modelo que simboliza o sector Deporte. Representa á muller loitadora e deportista.
Hugo Aja Veiga, de 28 anos de idade e proveniente de Viveiro (Lugo), representa a ampla oferta de restauración que oferta Marineda City.