Featured Video Play Icon
 

Leroy Merlin gaña un premio europeo polo seu servizo ao cliente

Os compañeiros de Leroy Merlin están de celebración! O pasado 4 de maio, nunha gala celebrada en Croacia, alzouse cun dos prestixiosos premios European Business Awards 2017. En concreto, a multinacional foi recoñecida co Award Customer Focus polos esforzos da firma por dar o mellor servizo aos seus clientes españois.

Nos European Business Awards deste ano, no que participaron 33.000 empresas de 34 países, elíxense ás compañías máis exitosas e que representan os valores fundamentais recoñecidos nos premios á innovación, a ética e o éxito. Na final coñecéronse aos ganadores das 11 categorías premiadas, entre os que se atopa Leroy Merlin España. Parabéns!