Ven descubrir as novas edicións limitadas de IKEA

A firma sueca presenta este sábado en Marineda City dúas novas edicións limitadas: IKEA PS 2017 e Spridd.

«SPRIDD» significa «repartir» en sueco. Cos estampados como protagonistas, SPRIDD é unha colección de tendas de campaña, bolsas, caixas de almacenaje, camisetas e unha chea de artigos tan prácticos como divertidos.

O punto de partida desta edición limitada, creada en colaboración co diseñador de moda británico Kit Neale, autor da que está considerada como unha das marcas emerxentes máis interesantes do panorama da moda londinense, foron catro obras de arte inspiradas noutros tantos estilos musicais: electro dub, hip hop, metal e psycho funk. Xuntos conforman unha colección cuns estampados que non pasan desapercibidos, unha homenaxe á mocidade e a vida nómada.

Enerxía, carácter, alegría e mocidade caracterizan esta colección inspirada na música e a moda como elementos que forxan a nosa identidade e o noso sentido de pertenencia.

IKEA PS 2017

Creada por 17 diseñadores de todo o mundo, a novena colección IKEA PS vira en torno á idea de vivir mellor en espazos máis pequenos, de saírse do establecido e desafiar os límites do cotián. Trátase de apostar pola libertade e polas posibilidades que nos brinda.

Un sofá plegable que se colga na parede, un coxín que se converte en edredón, unha maceta con auto rego, unha mecedora de 125 cm de ancho ou unha colcha que se pode levar posta son algunhas das pezas desta colección que conta con sofás, textiles, floreiros e moitas outras cousas para vivir a vida no fogar, ata 50 artigos diferentes e divertidos. E algúns deles non durarán moito tempo en IKEA, así que búscaos en IKEA Marineda City antes de que desaparezan!

IKEA PS tamén na cociña

Pero IKEA PS tamén se come! Seguindo coa idea de vivir e gozar e baixo a premisa dun fast food saudable e diferente nace a gama de especias, bebidas e sementes.

Rooibos e rosa mosqueta, té verde matcha e arándanos vermellos ou té mate e frambuesa son as mesturas de tés que ofrece esta colección. Ademais, Ikea creou unha variedade de alimentos que inclúe dúas mesturas de especias nórdicas que se poden utilizar para marinar peixe, pollo, porco ou tenreira; ou combinarse cunha crema agre para facer unha salsa fría.

E para rematar as mesturas de cereales integrais, o último en comida rápida e sa. Coas mesturas de cereais integrais IKEA PS 2017 poderás comer un prato sabroso que se prepara nun pispás. Estará listo en 1 minuto, literalmente. A mestura inclúe cereais integrais nórdicos: avea, trigo, centeno e cebada con dous sabores a elixir: setas (setas porcini, perejil, cebola e tomillo) especias (ajo de oso, jalapeños, limón e arándanos vermellos). Podes comelas tal cal ou acompañalas con carne, peixe ou verduras