O 26 de febreiro de 2017 o Teatro Dolby vestirase de gala para a 89 edición da gala dos premios Oscar. Oito películas competirán para facerse coa ansiada estatuilla na categoría de mellor película. Algunhas están xa en carteleira e outras se estrearán nas próximas semanas en Cinesa Marineda. Ganas?
- A cidade das estrelas (La La Land) Con 14 nominaciones, o musical protagonizado por Emma Stone e Ryan Goslin igualou a marca histórica de Titanic e Eva ao espido. Xa en carteleira.
- Lion. Un neno indio de 5 anos pérdese en rúas de Calcuta, a miles de quilómetros de casa. Consegue sobrevivir a moitos desafíos antes de ser adoptado por unha parella australiana. 25 anos despois prepárase para atopar á súa familia perdida. O filme protagonizado por Dev Patel opta a seis estatuiñas. Xa en carteleira.
- Manchester fronte ao mar. Protagonizada por Cassey Afleck, o gran rival de Denzel Washington na candidatura a mellor actor protagonista, conta a historia de Lee, que se ve obrigado a enfrontarse ao seu tráxico pasado ao converterse no titor legal do seu sobrino tralo repentino falecemento do seu irmán maior. Estrea o 3 de febreiro.
- Fences. Haberá que esperar ata o 24 de febreiro para gozar deste drama no que Denzel Washington, gran favorito para facerse co Oscar ao mellor actor principal, interpreta a un basureiro de Pittsburgh que se enfronta á discriminación racial da américa dos anos 50. Estrea o 24 de febreiro.
- Figuras ocultas. Con dúas nominacións, entre elas a de mellor película e mellor actriz de reparto, Figuras ocultas achéganos a historia de catro mulleres afroamericanas que traballaron para a NASA e serviron de cerebro para algunhas das maiores operacións espaciais da historia, como o lanzamento do astronauta John Glenn ao espazo, un impresionante logro que restaurou a confianza da nación. Xa en carteleira.