A camisa branca e outros mitos do fondo de armario

Esquécete da camisa branca: non hai pezas imprescindibles se non pezas imprescindibles para ti. E é que a túa personalidade e o teu estilo de vida condicionan o tipo e a cantidade de roupa que necesitas. Este sábado, a partir das 11.30h, o noso estilista darache as claves para xestionar de forma eficaz o teu fondo de armario nun taller totalmente gratuíto. Apúntate no 881 888 888 ou escribíndonos a [email protected].

  • Fase 1: A purga. O primeiro é o primeiro: ármate de valor, baleira o armario e divide a roupa en 4 pilas: a que volve ao armario; da que te vas desfacer; a que necesita un arranxo e a que ten un valor sentimental pero xa non pos. Xa sabes onde vai cada unha ¿non?
  • Fase 2: Dime que vida levas e direiche que roupa necesitas. Cal é a túa profesión, a que dedicas o teu tempo libre, se saes ou non de festa… todos estes factores condicionarán o número e o tipo de pezas que che fan falta: o noso estilista mostraráche o xeito de calcular o teu fondo de armario ideal en función do teu modo de vida
  • Fase 3: Necesítalo ou o quérelo? Fai unha lista das pezas que REALMENTE necesitas e aquelas que desexas. Aínda que doa, dálle prioridad ás primeiras.
  • Fase 4: ¡É a hora do shopping! Vale, tes o teu armario ordenado, sabes o que queres… é a hora do shopping! O noso estilista recomenda que non o fagas tenso ou nervioso, xa que é probable que acabes levando para casa prendas que non che pegan nin con cola.
  • Fase 5: Gústame, pero, vaime? Poida que eses zapatos taaaan bonitos estéanche chamando cos seus cantos de serea pero realmente van co teu estilo de vida? Combinan co resto da túa roupa? Faite estas preguntas se non queres acabar co armario cheo de cousas coa etiqueta posta.

Así que xa sabes: se queres coñecer os consellos dun profesional e aprender a sacar o maior partido ás túas compras e ao teu roupeiro, este sábado ás 11.30h tes unha cita á que non podes faltar no Vestidor de Marineda City.