Parabéns, campión!

Adrián Vázquez, un dos mozos bolseiro da Factoría de Pilotos de Karting Marineda, triunfador no Campionato Galego de Karting

¡Grandes noticias para Karting Marineda! Adrián Vázquez, un dos pilotos bolseiro pola Factoría de Pilotos que o circuíto coruñés puxo en marcha en 2015 co fin de apoiar o deporte base e axudar aos mozos galegos a triunfar no mundo do motor, proclamouse campión da categoría X30 junior do Campionato Galego de Karting.

Adrián logrou cumprir o seu soño de correr no campionato por primeira vez en 2015 grazas á bolsa da Factoría de Pilotos. Este ano, volve ser un dos grandes protagonistas da escea autonómica e confírmase como promesa do karting galego, afianzando unha carreira baseada en “nas súas grandes habilidades ao volante, o seu carisma e o seu afán de superación”, segundo explicaron representantes da escudería.

Este premio é mostra do labor de Karting Marineda apoiando aos novos talentos para que poidan, sen importar os seus recursos, competir en campionatos oficiais e, así, poder dar os seus primeiros pasos neste mundo de forma oficial. Desde aquí, queremos darlle os nosos parabéns a Adrián por esta vitoria que seguro será a primeira de moitas que virán e felicitar ao equipo de Karting Marineda por esta gran iniciativa!

A Factoría de pilotos, impulsando a canteira galega
A Factoría de Pilotos é unha plataforma a través da cal Karting Marineda impulsa desde fai dúas tempadas aos mozos galegos amateurs de entre 6 e 18 anos para que poidan chegar a ser pilotos de carreiras. Para iso, concede bolsas, coas que cada piloto pode participar no Campionato Galego con todos os gastos pagos. A beca inclúe unha xornada de adestramento antes da carreira no circuíto onde vaia celebrarse a proba, o uso dun Kart de competición, repostos, gasolina, equipo mecánico, licenza federativa, inscrición á proba, indumentaria e participación.