IKEA Marineda City lanzaba a principios de mes a edición limitada SVÄRTAN, unha colección froito do resultado da colaboración entre o diseñador Martin Bergström e estudantes de moda da India. Facendo uso soamente das cores negro, branco e diferentes tons de grises, a colección SVÄRTAN invítache a descubrir unha cara descoñecida deste marabilloso país.
A colección, composta fundamentalmente de tea, papel, vidro, cerámica e metal, está inspirada en contornas e motivos de ambientes urbanos de distintas cidades indias que normalmente pasan inadvertidos pero que aquí invitan a descubrir a beleza nos obxectos máis correntes.
As teas son unha parte fundamental do legado da India e por ese motivo están moi presentes na colección. Elaboradas en 100% algodón as teas por metro son reversibles.
Esta edición limitada é unha interpretación moderna da India e da súa contorna, un país que se percibiu sempre desde Occidente como colorido, dourado e radiante; agora reinterpretado desde o punto de vista dos monzóns e as choivas.
O sueco Martin Bergström estivo vinculado ao mundo da moda e o deseño desde hai máis dunha década. É popular polos seus deseños atrevidos e vangardistas nos que utiliza todo tipo de elementos, desde manchas de tinta ata antigas técnicas artesanais xa esquecidas.
Coa intención de crear unha imaxe actual do que a India contemporánea significa, 25 estudantes do NIFT (Instituto Nacional de Moda e Tecnoloxía) de Nova Delhi foron invitados a un taller con Martin Bergström. A inspiración destes estudantes provén dos lugares máis inesperados da realidade urbana, das paredes desconchadas e dos cables que colgan nas súas rúas. O obxectivo era chegar a un equilibrio entre o orgánico e o abstracto para atopar a poesía das cousas que, a miúdo, pasamos por alto.
Toda a colección SVÄRTAN, que estará por tempo limitado en IKEA A Coruña, foi elaborada na India usando técnicas artesanais autóctonas e materiais naturais. Isto fai que cada obxecto teña un toque natural en consonancia co seu deseño.