3 beneficios da danza para o corpo e a mente

Este venres, 29 de abril, celébrase o Día Internacional da Danza. Con motivo desta data, Cristina Goás, a directora a escola de música e baile de Marineda, Live The Music School, cóntanos os beneficios da danza para a mente e o corpo.

  • Bailar é un xeito de facer poesía co corpo. Din que a danza é unha desas artes na que só destaca quen se quere moito a si mesmo. Isto ten moita lóxica, se temos en conta que para ser bos bailaríns temos que coñecer ben o noso corpo, conectalo coas nosas emocións profundas e permitir que se expresen a través de movementos dirixidos. Non todos podemos ser bailaríns profesionais, pero definitivamente o baile si está ao alcance de todos e, de feito, atópase presente en infinidade de situacións sociais. Moitos sentimos que unha festa que non inclúa baile é unha festa incompleta, porque bailar é sinónimo de celebración e de alegría.
  • Bo para o corpo, bo para a túa mente. O primeiro gran beneficio de bailar é físico. A danza é un exercicio esixente, que implica un gran esforzo físico ao que se lle suma unha alta demanda de coordinación entre as diferentes partes do corpo e a música que está soando. Os coñecedores indican que unha hora de baile equivale a dous e media de exercicios aeróbicos. Como todo exercicio, o baile contribúe a liberar endorfinas, a canalizar a adrenalina e a reducir o estrés. Ademais, segundo unha investigación levada a cabo na Escola de Medicina Albert Einstein de Nova York, bailar favorece as estruturas do cerebro e prevén o envellecemento deste órgano.
  • Bailar para enriquecer a vida. A medida que nos facemos adultos e enchémonos de responsabilidades, o noso corpo adopta posturas repetitivas. Ao practicar o baile, comezamos a nos facer conscientes do noso propio corpo; axúdanos a conectar con nós mesmos e permite que se exprese o noso mundo interior. Pero non só iso: ao ser unha actividade eminentemente social axúdanos a conectar tamén cos demais. Bailar esíxenos, na maioría dos casos, adaptarnos ao corpo e aos movementos doutra persoa. Sen darnos conta, isto incrementa a empatía e a sociabilidad. Ademais, é un excelente antídoto contra a timidez, especialmente durante a adolescencia. Bailar é, sen dúbida, capturar o ritmo da vida no noso corazón.

Cristina Goás Casal, directora de Live The Music School e vicepresidenta da Rede Española de Escola de Musica e Danza