Sete propostas para sacar o máximo partido das rebaixas

Si, si, si! Levabamos tempo esperando a que chegasen e xa están aquí! E como non só de trapiños vive o home e a muller, no blog dámosvos algunhas ideas para sacar o máximo partido das rebaixas.

  • Renovar os básicos. Aproveita os descontos para renovares esas pezas imprescindibles en calquera armario: unha camisa branca, unha americana, unha gabardina para os días de chuvia, e, como non, o clásico por excelencia: o little black dress.
  • Conseguir o último en tecnoloxía. O teu teléfono xa non recibe whatsapps? Necesitas urxentemente renovar o teu portátil? A túa tele parece sacada do salón dos Alcántara? Non deixes pasar a oportunidade de conseguir o último en tecnoloxía aos mellores prezos.
  • Redecorar a casa. Pasa polas nosas tendas de decoración e dálle un aire novo ao teu fogar renovando téxtiles, complementos e mobles.
  • Equiparte para o deporte. Se facer deporte estaba na túa lista de propósitos de ano novo, nas rebaixas de Marineda City tes todo o necesario para que o equipamento non sexa unha escusa: roupa e calzado deportivo, complementos…
  • Ponte guap@ (máis se cabe). Os establecementos de beleza do centro tamén ofrecen rebaixas nas que poderás adquirir os mellores produtos de cosmética ou facerte ese tratamento que levas tempo desexando.
  • Date un capricho. Se o teu con ese abrigo foi amor á primeira vista… ata que viches o prezo na etiqueta, esta é a túa! As rebaixas son un bo momento para mimarte un pouco e darte ese capricho que ficharas en tempada.
  • Comparte bos momentos. Extenuad@ despois dun esgotador (pero produtivo) día de rebaixas? É hora de relaxarse! Sube á planta 2 e reláxate cunha cea en familia ou cos amigos, descarga adrenalina nos karts, divírtete na boleira. Ah, e ata o 24 de xaneiro tes a pista de xeo na praza exterior!