De ruta con Marineda: Descubrimos a Costa da Morte!

Xente simpática, curtida polo salitre do mar e paisaxes salvaxes que te deixan sen palabras. Esta é a Costa da Morte, a nosa próxima parada da serie En Ruta con Marineda, coa que te levamos de viaxe por Galicia. A Costa da Morte percorre a provincia da Coruña desde Arteixo ata Carnota. Está chea de cantís, praias interminables, montañas únicas e paisaxes impresionantes.

Hoxe levámosvos a pasear por esta zona onde chegaremos ao fin da terra, comeremos moito marisco e coleccionaremos postais de faros. Ves connosco? Isto é todo o que necesitas!

O suadoiro do verán

En Galicia temos unha prenda propia: o suadoiro de verán. É esa prenda que debemos levar sempre connosco por se arrefría. Na Costa da Morte o vento sopra un pouco, polo que o suadoiro de verán será o teu mellor aliado. Encántannos os modelos de Fimsbury e Vans. Para os máis pequenos tamén teñen opcións súper cómodas e divertidas en Primark.

Sendeirismo

Un dos atractivos que máis afeccionados conseguiu no último ano na Costa da Morte é a Ruta dos Faros, os camiños que enlazan os distintos pobos mariñeiros a través dos seus faros. Os camiños discorren por ladeiras fronte ao mar, teñen unha beleza incrible e levarán a praias paradisíacas. Para gozar das distintas rutas o mellor é que vaias ben equipado. Podes facer unha parada en JD e buscar os mellores zapatos para facer sendeirismo. Tamén che recomendamos levar roupa técnica que podes atopar en Sprinter.

De picnic

Entre as marabillas da Costa da Morte están as praias con grandes piñeirais para gozar dunha comida en familia no campo. É o caso da fermosa praia de Balarés, en Ponteceso. Non esquezas pasar primeiro por Zara Home e Maison du Monde para levar todo o que necesitas para organizar un picnic xenial. Manteis a raias, fiambreiras metálicas, vasos de cores… As opcións son infinitas!

Unha boa postal

Este é o destino perfecto para os amantes da fotografía. En Carnota atoparás unha das praias máis fermosas do mundo. A posta de sol dende o faro de Fisterra, no fin do mundo, tamén merece unha postal. Así que antes de comezar a túa excursión pola Costa da Morte, pasa por Media Markt para conseguir o mellor equipamento fotográfico. Tamén atoparás trípodes e todos os aparellos necesarios (como ollos de peixe para móbiles) para conseguir a postal do verán en La Casa de las Cascas.

Un día de surf

Encántanos o ambiente surfeiro de vilas como Caión ou Malpica. En Decathlon teñen todo o necesario para gozar dun día de surf. Escolle a táboa que máis che guste, ponte o traxe de neopreno e surf!! Para completar o teu look de surfista, pasa por Pull&Bear e elixe entre as súas saias pareo, para mozas, ou os seus pantalóns curtos de algodón para mozos.

A fervenza do Ézaro, a praia de Soesto, Camariñas… A Costa da Morte é única! Deixámosvos máis recomendacións para gozar desta zona de Galicia nas nosas redes sociais. Vémonos moi pronto cunha nova ruta!