san valentín marineda city
 

Agasallos para namorar a TODXS en San Valentín

Psst! Chega o día máis romántico do ano ou, como din outros, “o día máis pasteloso do ano”. Sexas dos que seXas, e queiras a quen queiras agasallar, temos opcións para agasallar e auto-agasallar este 14 de febreiro. Si, para os románticos e os aventureiros, para os que buscan opcións máis económicas e para os que non, para os que van á última ou para os que lles encanta xogar…

Toma nota e bota un ollo ás ideas que máis encaixan contigo! Se hai 15 ideas máis Wow que estas, que veña** e nolo diga. 

Para os máis aventureiros

Se es das/dos que se lanzan á piscina e encántache vivir ao límite, istos serán os teus agasallos para namorar da tempada:

1. Mochila de Fjallraven en El Corte Inglés. Melenas ao vento e a vivir o momento! O agasallo que nunca pasa de moda para os máis aventureiros. Con esta mochila poderás facer todo o que te propoñas, e máis!


2. Libro de Santos Ochoa: Máis de 200 experiencias únicas para descubrir o mundo! Este libro de viaxes farache soñar con paisaxes de enseño, paraísos naturais, aventuras inolvidables… (e máis blablablá).


3. Unha volta en kars de Karting Marineda: Se vivir ao límite é o teu lema (ou o seu), o mellor plan de ocio e aventura atoparalo en Marineda: Karting Marineda.

Para os románticos


Para os que se queren moito e cren no infinito e máis alá, estas opcións serán o teu #trendigtopic

4. Candado de Pandora: Hai xoias que contan historias. Elixe un deseño especial e sorprende cun dos candados de Pandora.

5. Kit de palomitas de Mr. Wonderfull: Planazo de película “is coming” con este set de Mr. Wonderfull que inclúe dous vasos requetecuquis e un bol de palomitas.


6.Lentes de corazón de Lefties
Se o teu crush leva o mood de “All the lovers”, estas lentes de corazón de Lefties van triunfar, e se non es de lentes, ollo ás camisetas dúo que deseñaron. 

Para os que precisan relaxarse


Os momentos “zen” e “chill” que non falten nunca. Axuda a buscar eses momentos con estas propostas!

7. Set de masaxe de Zara Home: as masaxes nunca souperon tan ben… Descobre este rodillo de cuarzo e mellora as masaxes en parella!


8. Anteface de Oysho: Es de durmir ou de xogar? Fagas o que fagas, este anteface de Oysho servirache para o que queiras ou precises nos teus momentos zen.

9. Paquete de Kielhs en El Corte Inglés: Mimos e relax, a mellor combinación da man de Kielhs.

Para os máis xoguetóns

10. Xoguetes eróticos de Amantis: Agasallos que te deixarán coa boca aperta.


11. Intimissimi e a súa roupa interior máis hot. Roupa interior, camisóns e pixamas ao máis estilo #Italian Lingerie

12. Candeas de Rituals: Man arriba aos que adoren as fragancias de Rituals! Reláxate na túa casa e onde queiras coas candeas de Rituals. 

Para os amantes da moda


Se case sempre vas ou vai á moda, non te perdas as últimas coleccións máis trending do momento e triunfarás (seguro, segurísimo)

13. Love is fun con Pull and Bear: Se hai unha colección máis Wow que esta, que veña*** e nolo diga. #GraciasAmancio por este agasallo

14. Calcetíns e medias da man de Calcedonia: Se es ou é de ensinar garra e calcetíns, este será o teu agasallo máis Loving!

15. Xersei de frechazo de Bimba e Lola: Loves is in the air con este xersei #RosayRojo de frechazo infinito. 

Moito e moito máis nas nosas redes sociais e en Marineda City!

Non te perdas o noso sorteo en Instagram para conseguir unha experiencia valorada en 300 euros para celebrar Love is Love!