A revolución do lecer chega a Marineda City! Esta semana dámoslle a benvida a Ongravity, o primeiro espazo indoor para deportes frestyle de Galicia, un espazo pluridisciplinar pensado para que tanto profesionais como aficionadxs practiquen acrobacias, parkour, skate, BMX… E é que nos seus máis de 2.600 metros cadrados, riders, ximnastas, skaters, freeskiers, snowboarders, bikers de BMX, rollers, traceurs e acróbatas poderán desenvolver os seus trucos con máxima seguridade.
Skate park, rocódromo e parkour
Trátase dunhas instalacións únicas cun skate park con zona street e zona dobre bowl, unha megaramp con altura L e M con saída a landing bag, camas elásticas profesionais tipo olímpica e de freestyle, un trampoline park, un cardio wall, un rocódromo, zona ninja con obstáculos, un tapiz para realizar esquí indoor e área de parkour.
Actividades formativas
Para aqueles que esteades interesados en aprender algunha destas disciplinas, Ongravity impartirá nas súas instalacións formación de patinaxe en liña, skate, scooter, teas, acrobacias… a través das súas academias de actividades. Por outra banda, na súa vertente máis lúdica organizaranse aniversarios e campamentos de verán e tamén será posible realizar visitas organizadas de colexios.
Os mércores, prezo reducido
Ademais, cada mércores celébrase o Día do Rider, con prezo reducido e sen limitación de tempo. E os luns, martes e xoves dispoñen da promoción Last call, para utilizar os seus espazos a última hora do día a prezo moi reducido.
A mellor oferta de lecer
Ongravity súmase á recente apertura de Estrella Park Experience, que conta con 12 pistas de birlos, xogos de realidade virtual, recreativos e proximamente abrirá o seu Escape Room, completando así a proposta de ocio e restauración da planta 2, que tamén conta con karting, cinema e restaurantes de diferentes lugares do mundo como Italia, Arxentina ou Hawai.
Que máis necesitas para pasalo ben? Esperámosche!