Esas tardes cos teus pais e irmáns de risas, complicidade e tamén piques! A ti tamén che encantan os xogos en familia? O súper competitivo, o trampulleiro, o que non se entera das regras do xogo… todos asumimos algún rol nestas irremediablemente divertidas partidas que nos deixan momentos familiares para o recordo. O Día do Pai é unha ocasión estupenda para sacar do caixón eses xogos que nunca fallan:
– Trivial. Un clásico, e case obrigatorio para os amantes dos xogos de mesa, especialmente os que gustan de poñer a proba os seus coñecementos. E se é en equipo, máxima diversión! Hai versións para todos os gustos, desde o familiar aos de temáticas especializadas como os de Harry Potter ou O Señor dos Aneis.
– Cluedo. Se o teu é o misterio e os crimes, este é o teu xogo. Cada partida do Cluedo convértese nunha oportunidade para sacar ao Sherlock Holmes que levas dentro.
– Parchís. O mítico son do dado no gobelete, os nervios porque non logramos que nos salga un 5, a impotencia de atoparse unha barreira que non se abre… Alguén dubida de que o parchís é divertido? 😉
– Monopoly. Forxador de pequenos capitalistas, este xogo de mesa consegue que pequenos e maiores alcancemos grandes fortunas ou nos arruinemos nuns minutos.
– Party&Co. Debuxos, mímica, palabras tabú… Se queres diversión a tope, con Party&Co tela asegurada. Só tes que elixir o teu equipo e prepárate para pasalo en grande coas súas probas!
E para que non se perda a tradición, sorteamos 25 lotes de xogos familiares entre todos os que probedes a completar este quebracabezas. Xoga, divírteche e poderás gañar un premio para quedar como un rei o Día do Pai 😇! E se non se che dan ben os quebracabezas, non te preocupes, todos os participantes entran no sorteo 😉. Tes de prazo ata o 17 de marzo ás 23.59 h.
Feliz Día do Pai!