5 características imprescindibles para un pixama de 2021

Durante o ano pasado fixémonos expertos en pixamas e chándales. Este ano toca aplicar todo o aprendido, para que non caia en saco roto. E por que non empezamos pixamas fusión? Así, poderás manter o secreto da preguiza a salvo e pasarte o día en pixama sen que ninguén se decate. 😉

Contámosche as 5 claves para escoller o pixama ideal para este 2021, que ten moitas frontes polares e moita auga. E todos son factores que ter en conta! 🤣

Quentiño, moi quentiño

Que estamos en xaneiro e vai un frío que pela. 🥶 Busca os tecidos máis abrigados, como a  franela, e deixa o algodón para o verán. Pero ollo, coidado… que non sexa moi pesado, xa non polo incómodo que é un pixama pesado, senón porque canto máis lixeiro sexa o tecido, mellor  transpirará a pel. Os de Cortefiel son irresistibles.

Suaviño

#StopPixamasLixa. De verdade, de que están feitos algúns pixamas? 😭 Elixe un pixama suave ao tacto, acariñalo sempre che pode axudar a durmir, e para exfoliantes xa están as cremas.

Os tecidos máis suaves son a tea polar, a gamuza sintética, o veludo e a seda satén 100%. Deixamos a elección nas túas mans, pero os pixamas de tea polar de Primark e El Corte Inglés son top.

Que pase por chándal

(Para o teletraballo) A semana pasada ensinabámosvos algúns modelos de Women Secret que valen para a casa e para a rúa; tamén Mango se lanzou aos pixachándales. O importante é que pasen desapercibidos nunha reunión por videochamada.

Cor

Créalo ou non, existen estudos científicos reais ao redor de como as cores e cheiros afectan ao sono. Parece lóxico que as cores claras e pastel axuden a ter un descanso máis pracenteiro. En Oysho, Intimissimi e Zara sábeno ben: tes que botar un ollo á súa nova colección. 💖

Boas vibras

Despois de todo o que che contamos, tes que saber que a característica máis importante do teu pixama de 2021 é que che ten que gustar a ti. Tes que ir pensando pola rúa as ganas que tes de chegar a casa e enfundarte nel. ESE será o teu pixama ideal.🥰

E se te queres rebelar, podes atopar ideas a toda cor para optimistas en Tezenis, HM e Lefties.