Este Nadal as túas compras en Marineda poden ter un premio incrible. Para os apaixonados do surf, para os que a tecnoloxía é a súa fiel compañeira, os que valoran máis que ninguén un momento de relax, para os que gozan pasando tempo en casa e os que prefiren viaxar; prestade atención porque este Nadal cumprimos os vosos soños!
Compras con premio coas Wish List de Marineda
Sorteamos tres Wish List, ou cestas de agasallos, están valoradas en 2.000€, 3.000€ e 4.000€ respectivamente, con produtos como unha Nintendo Switch, un kit de pádel surf ou un Macbook Air. Podes acceder ao sorteo presentando os teus tickets de compras de 30€ ou máis, realizadas en establecementos do centro entre o 10 de decembro e o 4 de xaneiro.
• Os amantes do deporte acuático, os namorados dos electrodomésticos retro e os fanáticos da moda veredes o voso soño feito realidade coa Wish List 1. Esta cesta de agasallo ten un kit de pádel surf, coa súa táboa, a súa pa, o seu neopreno e hinchador; unha cámara Sony para gravar os marabillosos roteiros polo litoral; un conxunto de electrodomésticos vintage SMEG con licuadora, tostador e fervedor; unha tarxeta de agasallo para artigos de moda valorada en 150€; un peluche xigante e un piano de chan infantil de nada menos que 1,8 metros.
• Para os terrícolas empedernidos, os frikis de Star Wars, as consolas ou os drons, a Wish List 2 fará as vosas delicias. Conta cunha bici urbana clásica máis unha bici infantil; unha scooter MI Electric Pro; unha consola Nintendo SWITCH; un VR Nanodrone Autoflight para iniciarse no mundo dos drons; o Falcón Milenario de Star Wars de Lego; un maletín de ferramentas DEXTER, un colgante de ouro branco de 16k; un coche Beetle eléctrico 12v infantil; unha fritidora sen aceite Princess aerofryer dixital; e para os fans da moda 3 tarxetas de agasallo valoradas en 250€ cada unha e un kit de maquillaxe e brochas de Sephora.
• E por último, a cesta das cestas, a guinda do pastel, a xoia da coroa, a Wish List 3! Con esta cesta queremos facer moi felices aos fanáticos da tecnoloxía porque con ela podédesvos levar a casa un Iphone 12 Pro, uns Apple AirPods e un Apple Macbook Air; ademais dun robot aspirador Conga; un altofalante intelixente Google e lámpadas intelixentes XIAOMI; dúas tarxetas de agasallo de moda valoradas en 500€ cada unha e unha Casa da árbore de Lego.
Para facerte cunha destas Wish List tes que presentar os teus tickets no punto de información do centro, onde che facilitarán o teu Pasaporte Do Nadal. Por cada ticket por valor de 30 euros ou máis, recibirás un selo. Para optar á Wish List 1 tan só se precisa un selo; para participar no sorteo de Wish List 2, dous selos e, para a Wish List 3, necesitarás ter cubertos os tres selos do teu Pasaporte. Consulta toda a información do sorteo e as bases aquí.
En redes sociais tamén se gaña
As dúas cestas restantes, cun valor de 500€ cada unha, sortearanse no noso perfil de Instagram. Os interesados poderedes participar do 14 ao 21 de decembro no sorteo que vos preparamos.
• A cesta 1, Wish List #RelaxFans, contén: kit ioga (esterilla, coxín de meditación, pad para xeonllos e bonecas, correa), humidificador aromaterapia, velas Jade Vine Rituals, Savage Garden Rituals, altofalante intelixente Google, bonsai e kit de coidados, casa de bonecas Playmobil e un pack de 25 entradas de cinema Cinesa.
• A cesta 2, Wish List #TravelFans, contén: maleta de cabina VMaster, maleta VMaster, anteface de viaxe, almofada de viaxe Visco, cámara instantánea FUJI instax Mini, auriculares inalámbricos Mi true Wireless earphones Xiaomi, batería móbil externa 10000mah MI power bank Xiaomi e unha auto caravana Barbie. Aqueles que seguides a máxima de ver para crer podedes visitar as Wish List na Praza Emilia Pardo Bazán, xunto á gran árbore de Nadal, e aproveitade para darvos un paseo polo centro comercial e admirar a decoración festiva que preparamos este ano 😊. Sorte!