Chegou o tempo do chocolate quente, as tardes de cinema, os maratóns de compras para renovar vestiario de inverno e as ganas de redecorar. É tempo de volver reencontrarte cos seus plans, pero con todas as medidas de seguridade garantidas. Por iso, para a túa maior tranquilidade, os nosos protocolos e medidas fronte á COVID-19 obtiveron a certificación AENOR.
O certificado AENOR, garantía dunha experiencia segura
Para que ti só teñas que relaxarche e gozar, implantamos un ambicioso plan de medidas de seguridade, un protocolo que agora está avalado polo certificado AENOR. Un prestixioso selo que avala a xestión de Marineda fronte á xestión do coronavirus. Ademais, o protocolo implantado será revisado de forma periódica para a túa maior tranquilidade. O noso compromiso inquebrantable é facer da túa visita unha experiencia satisfactoria e segura.
As medidas de seguridade
Queremos que todos os nosos clientes e empregados sentan seguros no centro, por iso coidamos da vosa saúde e seguridade implementando medidas e protocolos que seguen as recomendacións das autoridades.
• As instalacións hixienízanse a diario. Un equipo revisa o centro na súa totalidade e ten especial coidado nas superficies que máis se tocan.
• Nas zonas comúns como aseos e salas de lactación limpamos a cada hora. Contamos tamén con billas e secamanos sen contacto, e dun sistema de filtrado continuo de aire.
• Podes atopar dispensadores de xel hidroalcohólico, tamén sen contacto, por todo o centro comercial. Ademais de alfombras desinfectantes nos diferentes accesos.
• Tamén preparamos circuítos en función dos fluxos de entrada e saída, sinalados con frechas.
• Reforzamos a seguridade instalando biombos nos Puntos de Atención ao Cliente e as Oficinas de Xerencia.
• Controlamos o aforo. Nas entradas podes atopar pantallas que indican se podes ou non entrar ao centro en función do aforo do momento.
• Atoparás as zonas infantís e áreas de descanso pechadas. Lamentamos as molestias, pero a túa seguridade é o máis importante para nós.
• Contamos con papeleiras especiais distribuídas por todo o centro.
Por outra banda. Se che esqueciches a máscara, ou a perdiches, podes achegarche aos puntos de información. Temos máscaras e luvas de reposto!
O teu papel é moi importante
Nós preparamos esta serie de medidas para contribuír a unha nova normalidade que garanta a túa seguridade. Pero tamén necesitamos da túa colaboración para que a actividade do centro sexa segura.
Ademais de non esquecer a túa máscara, e tela ben colocada en todo momento, non saír de casa se tes síntomas da COVID-19; é importante que sigas os circuítos marcados, che desinfectes as mans antes e despois de cada compra e manteñas unha distancia de seguridade de 2 metros. Nas escaleiras son 3 banzos!
En xeral, recomendamos unha política de contacto cero:
• Paga con tarxeta
• Respecta a prioridade nos ascensores, e non te subas se ides ser máis de 2 persoas non conviventes
• Non te apoies en paredes e outras superficies, tampouco toques o pasamanos!
• Pulsa os botóns con luvas, ou as chaves.
Lembra que ademais podes desinfectar o teu teléfono móbil e chaves no dispositivo de luz ultravioleta habilitado para iso. Pide que che conten máis no Punto de Información! E se tes algunha dúbida, lembra que estamos á túa disposición na nosa canle de WhatsApp: 604 078 667, de luns a venres de 10 a 22 h.
Consulta a nosa web e app para máis consellos e recomendacións para gozar da túa visita con todas as garantías!