Co frescor do outono xa aquí, démonos conta de que son as rutinas as que nos fan sentir vivos e os pequenos detalles os que marcan a diferenza no noso día a día: tomar un café coa túa nai; ir de compras co teu mellor amigx; convidar a cear á persoa querida, envolverte no teu novo abrigo… A nova tempada devólvenos os plans onde atopamos a felicidade inesperada. E coa confianza de atoparte nunha contorna cos máis esixentes protocolos de seguridade, como é Marineda.
- Volta á gozar da moda. As novas tendencias, as cores, as texturas: o outono chámanos desde os escaparates para lembrarnos o que gozamos de estrear algo novo. En Marineda tes a maior oferta de tendas de moda para elixir o teu estilo: Zara, Mango, Primark, Massimo Dutti, Cortefiel, Levi s, H&M, Pull&Bear, Marypaz, Guess ou Calzedonia son só algunhas delas. Poderás decidirte?
- Volta aos plans de lecer. Tes moitas opcións para pasar unha tarde divertida cos teus amigos: unha peli en pantalla grande, unha partida de birlos, unha carreira no Karting, unha experiencia en 3D con Virtual Experience… Que o frío non che colla en casa!
- Volta ao cole. Coa nova rutina dos nenos xa che deches conta do moito que creceron e o xusta que queda a roupa. Se aínda non o fixeches, é hora de facerse cos básicos para o cole e tamén con eses conxuntos monísimos para visitar aos avós 😉. Pasa por Lefties, Gocco, Mayoral, Zara, H&M, Chicco ou O Corte Inglés.
- Volta a estar a gusto na casa. Agora que a nosa casa converteuse no noso mellor refuxio, é o momento de investir en comodidade cun novo sofá ou unha mesa ampla para traballar. E, por que non? Con eses pequenos detalles decorativos que sempre quixeches ter e que conseguen que esteas a gusto en casa. En Zara Home, en Maisons du Monde, en Conforama, en Leroy Merlin ou en Ikea, a inspiración está ao virar a esquina!
- Volta a poñerse en forma. A saúde non é cuestionable! Chegou a hora de retomar a actividade física en serio e facer deporte. Podes apuntarche a RockGym ou ben facelo pola túa conta. Sexa como sexa, necesitarás un bo equipamento. Non te esquezas de visitar o noso corredor de moda e deporte, onde atoparás todo o que necesitas en marcas como Outeiros, Zero Avenue, Sprinter, a Deportienda, Fimsbury, Tiro Libre, Décimas, Fútbol Emotion, Oysho ou mesmo Rituals, coa súa nova colección de ioga. E se te quedas con ganas de máis, está en Decathlon.
Plans? Témolos todos! Elixe o teu 😉