Featured Video Play Icon
 

Marineda on road: surf, música e premios

Xogos, sorpresas, agasallos, música en directo e, sobre todo, bo ambiente. Esta foi a combinación que este verán quixemos trasladar a algunhas das mellores praias e localizacións de Galicia na furgo de Marineda On Road. No noso roadshow divertímonos e emocionado a partes iguais coas súper posturas de surferx coas que a nosa ruleta da sorte retaba aos participantes, os xestos de nenos animando aos seus dubidosos pais ou bisavoas que non dubidaron en subirse á onda para gañar un agasallo para os seus bisnietos…

Se non tiveches a oportunidade de participar en Marineda On Road, segue lendo, contámoscho todo. E se estiveches sobre a nosa táboa, animámosche a revivir a experiencia!

De paseo por Galicia

Un gran equipo, acompañado polo clima estival galego e a mellor música, foi o encargado de levar un pedacito de Marineda ao volante da súper furgo, debuxando os entrantes e saíntes do litoral da nosa terriña.
Pasamos por Ribeira, Nigrán, Baiona, Redondela, Razo, Cedeira e San Cibrao. Pero tampouco nos resistirnos a facer algunha paradita na Illa de Arousa, Vilagarcía, Viveiro, a Praia das Catedrais e a Torre de Hércules, na Coruña.

Premios, surf, e valentes, os grandes protagonistas
Entre os valentes que viraron a nosa ruleta da sorte, aguantaron 30 segundos sobre a táboa na posición que lles tocou e compartiron a foto ao concurso, sorteamos 40 cursos de iniciación ao surf en calquera das escolas de Prado Surf na Lanzada, Patos, Bastiagueiro e Sabón.

Pero, ademais repartimos unha chea de premios directos; os máis exitosos entre os mozos foron as pelotas e flotadores e, entre os maiores, o claro gañador foi o gorro de palla e a chave anti-COVID. Queremos facer especial mención dun dos nosos momentos favoritos do verán, que sucedeu cando unha señora de 92 anos subiuse á táboa porque quería levarlle os agasallos aos seus bisnietos. E foi sen dúbida a mellor surfeira da tempada!

Polo xeral, os primeiros valentes foron os máis peques, que despois arrastraban aos seus pais cando vían as súas caras de felicidade. Ninguén quería perderse a oportunidade de estar sobre a nosa táboa.

Música y atardeceres

Para dar ambiente a nuestras paradas, nos llevamos en la maleta a la banda Indy Tumbita & The Voodo Bandits, así como Moito DJ, que acompañaron con la mejor música los grandiosos atardeceres en el mejor lugar del mundo.

¡Gracias a todos por acompañarnos en este alucinante verano On Road!