Vimos do relax do verán e hai que volver á rutina; propoñémosche un plan de aterraxe para facer a volta á oficina máis levadía. Unha tarefa por día e en sete días estarás preparadx de corpo e mente para atacar o retorno.
Ademais, se tes nenos é probable que esteas xa cansx da carreira pola volta ao cole e o armamento de libros, materiais e todo o demais. Agora tócache a ti, preparadx?
- Día 1: É probable que teñas que comer na oficina, ata os máis afortunadxs do horario intensivo de verán teñen que volver á normalidade. Revisa os porta alimentos, tuppers, fundas para bocadillos e botellas reutilizables. Están ben? Xenial. Se non, toca renovar. E se aínda non as tes, chegou o momento de pasarte ao reutilizable, verás que é moi cómodo! Consello: faite cun estoxo cun xogo de cubertos, sempre queda algo no tinteiro e amola moito. Podes atopalos en El Corte Inglés, Tiger ou Zara Home.
- Día 2: Toca darse un capricho, un premio polo duro traballo do primeiro día deste plan de volta á oficina. Pásate por Rituals, Arenal, ou Farmacia Castro. E cómprate algunha crema con olor relaxante, un produto para sandar o pelo do castigo do sol e o salitre, ou o que che apeteza. Hoxe é o teu día!
- Día 3: Hai que ir pensando en gardar a roupa de verán e sábelo. Aínda quedan unhas rabexadas de sol e praia, ou polo menos albergamos esa esperanza, pero hai que empezar a planear. Tes onde metela? É importante que a gardes en sitios estancos para que non collan po nin humidade. Nos nosos establecementos como Ikea, Leroy Merlin, Primark ou Conforama hai bolsas de baleiro, caixas e fundas para todo tipo de prendas. Veña, este ano toca facelo ben.
- Día 4: Se segues todos os pasos, levas bo ritmo, bo traballo! Agora podes darte outro capricho. O noso consello é que te pases por Karting Marineda para descargar tensións cun bo pulo de adrenalina. Despexar a cabeza sempre vén ben e, se ademais te podes botar unhas risas, que máis se pode pedir? Tamén podes gozar dunha masaxe, cortarte o pelo ou pasarte por calquera das nosas tendas de equipamento deportivo na zona de moda e deporte e picar no que máis che apeteza.
- Día 5: Toca volver a faenar e facerse con básicos para a oficina. Un armario cómodo e elegante. Xa sabes, americanas, pantalóns, quizais vestidos, xerseis, botas ou zapatos. Zara, Cortefiel, Clarks, Massimo Dutti, H&M, Mango, Geox… Na nosa planta 0 e planta 1 podes atopar unha infinidade de opcións que se adaptan aos teus gustos e orzamento.
- Día 6: Imos facer un último esforzo, e mañá prometémosche que podes descansar. Tanto se levas días pensando en apuntarte ao ximnasio porque lle colliches o gusto na corentena aos vídeos de exercicios, coma se xa es habitual pero deixáchelo no verán; pásate por ROCKGYM de Marineda. Pregunta prezos, vai a algunha sesión para coller ritmiño, o que necesites!
- Día 7: Xa está. Conseguíchelo! Estás listo para volver á oficina, se non te saltaches ningún paso vaste comer o que queda de setembro con patacas. O teu labor concluíu, pero quédache unha tarefa máis, esta é soamente para darlle unha alegría á alma. Vén ao cinema, recomendámosche En busca de Summerland ou Un diván en Túnez. E ao saír, pide o teu prato favorito nalgún dos nosos locais de restauración da planta 2.
E, por suposto, non te esquezas de facerche co teu kit de material anti- Covid: xel higienizante e máscaras, que atoparás en Robin Mask, Tiger ou Friking. A por todo e boa sorte! Estamos moi orgullosos do teu gran traballo. Desexámosche unha boa volta á oficina.