Encántanos darvos boas noticias! E é que acabamos de darlle a benvida a La Mina, un restaurante de inspiración tradicional asturiana con toques de vangarda que xa podes atopar na planta 2. La Mina caracterízase pola calidade da súa oferta gastronómica e unha decoración sorprendente que recrea unha auténtica mina de carbón.
Nun local de 270 m2, o restaurante está decorado coma se estivese no interior dunha mina de carbón, coas súas galerías, gaiolas… co negro carbón como cor base. Os materiais utilizados son de primeira calidade, xogando sempre coa madeira maciza, o ferro fundido e a pedra. Incluso os empregados de sala van ataviados con vestimenta mineira, co seu azul característico, polo que a súa integración na contorna é perfecta.
A oferta gastronómica de La Mina componse dunha selección de pratos de creación propia baseados na cociña asturiana, sempre con produtos de primeira calidade, presentacións únicas e desenfadadas e prezos moi alcanzables. Fundado por Iván Gordaliza e David Iglesias, dous hostaleiros do Principado en 2011, o de Marineda City será o primeiro local que abren fóra da comunidade.
La Mina súmase á oferta de restauración de Marineda City, que xa conta con marcas como Taco Bell, Goiko Grill, Mahalo Poké, 100 Montaditos, Vips, La Tagliatella ou KFC.