Neste ano atípico que nos tocou vivir, a cultura e o lecer son sempre un refuxio seguro ao que acudir. Tras un Día do Libro confinados, que non sen lectura, hoxe por fin celébrase de forma oficial e acudimos de novo aos nosos libreiros de cabeceira, Santos Ochoa, que nos recomendan 5 dos últimos títulos publicados que farán as delicias dos amantes da arte de perderse entre páxinas. Porque, como reza o slogan das Feiras do Libro de Galicia, os libros non contaxian, pero enganchan 😉.
La Nena. Carmen Mola. Ed. Alfaguara (maio 2020). O novo libro da autora máis audaz e enigmática é o último fenómeno da novela negra española. Unha historia que nos somete e fainos desexar máis, que nos mergulla coa súa forza e intensidade.
Aunque seas rara y seas pájaro. Lúa Mosquetera. Autoeditado. A poesía é o lugar ao que volver, sálvanos do mundo. Iso é o que din uns versos deste poemario que desgarra e remove a quen o le pola súa naturalidade e sinceridade. Un libro único e imprescindible para quen non poida vivir sen poesía e para todo aquel que quere lela pero non se atreva.
El año del mono. Patti Smith. Ed. Lumen (junio 2020). Un novo libro de memorias, poético e salvaxe, que mestura a vida e os soños de Patti Smith.
Una guía sobre el arte de perderse. Rebecca Solnit. Ed. Capitán Swing (junio 2020). Un interesante ensaio autobiográfico sobre abrazar o descoñecido e a forma na que vivimos. Filosofía, historia, arte, perda ou incerteza son algúns dos seus alicerces.
Venus centrismo. Isa Muguruza. Ed. Destino. A reivindicación feminina a través da imaxe e a palabra. Reflexións, liberación de prexuízos e transgresión nesta bela obra.