Volve a moda, volven os teus restaurantes favoritos, volven os mellores plans. Aos poucos, pasiño a pasiño, con ilusión, emoción e moitas ganas, vémonos de novo. Pero tamén con moita precaución. E é que a saúde, tranquilidade e confianza dos nosos equipos e os nosos clientes é a nosa máxima prioridade.
Por iso, desde o primeiro momento puxémonos a traballar nun ambicioso plan de medidas para garantir unha volta segura: hixienizamos a diario todas as instalacións e os aseos e salas de lactación cada hora, reforzamos o persoal de seguridade para axudar a que a circulación sexa máis fluída e lembrar que se respecten as distancias de seguridade; distribuímos dispensadores de xel hidroalcohólico e papeleiras especiais por todo o centro; colocamos alfombras desinfectantes en todos os accesos e proteccións nos puntos de atención ao cliente.
Ademais, implantamos un sistema de control de aforo que estará perfectamente sinalizado nos accesos; con todo, dadas as dimensións do centro, é pouco probable que se superen os límites establecidos.
Pero para que estas medidas sexan efectivas, é imprescindible a colaboración de todos e estamos seguros de que todos poñeredes da vosa parte para coidarvos e coidarnos. Animámosvos a ver o vídeo que preparamos con recomendacións e consellos para gozar da mellor experiencia. Se o prefires, podes lelos aquí.
Tamén podes consultar a nosa web ou descargar a nosa app móbil (dispoñible para iOS e Android), onde atoparás información sobre os establecementos abertos (na sección axenda) e todo o que necesitas para planificar a túa visita.
Fainos moi felices volver vervos de novo en Marineda!